EURIBOR
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Euribor é un acrónimo de "European Interbank Offered Rate", ou sexa, tipo europeo de oferta interbancaria.
Este índice é calculado pola Federación Bancaria Europea e se realiza cos datos das principais entidades da zona euro e consiste no tipo de xuro medio de contado para as operacións de depósito de euros a prazo.
Este tipo de xuro aplícase ás operacións entre bancos de Europa partindo dos prezos de oferta dos préstamos que se fan entre sí os 64 principais bancos europeos; isto significa que é a porcentaxe que paga como taxa un banco cando outro lle deixa diñeiro.
Realmente o Euribor non é un so tipo, senón un conxunto deles. As entidades financeiras usan diferentes tipos de xuro segundo o prazo ao que se prestan diñeiro. Polo tanto se pode falar de euribor a unha semana, a un mes ou a un ano. O euribor a un ano é o que se usa normalmente como referencia para as hipotecas.
O seu valor actualizase diariamente e en España anunciase públicamente no BOE.
É un índice moi importante do mercado financeiro, xa que afecta, entre outras cousas, aos préstamos bancarios.
O Euribor soamente se aplica nos bancos dos Estados membros da Unión Europea que forman parte da Eurozona. Os tipos de referencia locais, como por exemplo o Pibor de París ou o Fibor de Frankfurt, xuntaronse ao Euribor o 1 de xaneiro de 1999. No caso de España, o Euribor sustituíu ao Mibor a raíz do traspaso de competencias do Banco de España ao Banco Central Europeo.
Índice |
[editar] Proceso de cálculo do Euribor
O cálculo e publicación do valor do Euribor realizase tódolos días laborables pola axencia Reuters, dacordo ao seguinte proceso:
- Diariamente solicítase a cada banco de referencia que envíe os seus tipos de xuro actuais non máis tarde das 10:45 a.m. Para elo, Reuters xenera no seu sistema unha páxina privada que soamente pode visitar o banco e o persoal encargado de realizar o cálculo. De 10:45 a.m. a 11:00 a.m. (CET) os bancos teñen oportunidade de corrixir as súas contribucións se fose necesario.
- Ás 11:00 a.m. (CET), Reuters realiza o cálculo do novo valor do Euribor, para o cal elimina o 15% máis alto e o 15% máis baixo dos tipos de xuro recolectados e realiza a media aritmética do resto de valores. O resultado redondease ao número de 3 decimais máis próximo ao valor do promedio.
- Tralo cálculo, Reuters publica instantáneamente o tipo de referencia Euribor nas páxinas 248-249 do seu sistema Telerate, que están dispoñibles para tódolos seus subscriptores e axencias de información. Ao mesmo tempo se publican os tipos de xuro empregados no cálculo, co fin de conservar a transparencia do proceso.
O histórico de datos do Euribor pode conseguirse nas páxinas 47860-47866 (EURIBORRECAP01/EURIBORRECAP08) do sistema Reuters por un periodo dun mes, ou consultarse na páxina do Euribor.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Páxina do euribor(en inglés)