Eric Idle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eric Idle (nado o 29 de marzo de 1943) é un músico e humorista británico, membro do grupo de actuación humorístico Monty Python. Naceu en South Shields, no condado de Durham, e realizou estudos de literatura inglesa na Universidade de Cambridge.
Idle, o músico del grupo, é o compositor de boa parte das cancións das películas do grupo (non así da canción da serie de televisión Monty Python's Flying Circus, unha marcha popular chamada freedom bell). En Life of Brian canta a máis popular canción dos Python, Always Look On The Bright Side Of Life, e tambén canta a canción principal de The Meaning of Life. Idle é coñecido polo uso de pelucas ridículas (unha das raras ocasións en que non usa peluca é na escena final de A vida de Brian), e polos seus exasperantes papeis, como "o home invisíbel", "o home das fotos", ou "o home que quería unha formiga". Idle interpretou ó "valiente" Sir Robin en the Holy Grail.
Púxolle voz ó personaxe de Rincewind nas videoaventuras DiscWorld e DiscWorld II, así como ó Dr. Vosnocker en South Park: Máis grande, máis longo e sen cortes.
Tambén foi fundador, compositor e membro do grupo "The Rutles", parodia do grupo de Liverpool "The Beatles".