Emil Zátopek
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Emil Zátopek (1922 - 2000). Atleta checo.
Coñecido como a "locomotora checa", conseguiu a medalla de ouro nos 10.000 metros na Olimpiada de Londres de 1948, a de 5000, 10000 e do maratón na Olimpiada de Helsinki de 1952. Zápotek foi o primeiro atleta en romper a barreira dos 29 minutos nos 10.000 metros (1954). En 1951 xa correra por baixo da hora nos 20 km. En total conseguiu 18 records do mundo.