El Puerto de Santa María
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A cidade do Puerto de Santa María é un concello español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía.
[editar] Xeografía
Sitúase sobre a ribeira e desembocadura do río Guadalete. A poboación do concello no ano 2006 era de 83.101 habitantes. A súa extensión é de 159 km² e ten unha densidade poboacional de 522,6 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 36' N, 6º 13' Ou. Atópase situada a unha altitude de 6 m e a 21 km da capital de provincia, Cádiz.
El Puerto de Santa María sitúase na costa gaditana, no interior da baía de Cádiz, e ao sur da Sierra de San Cristóbal; veciño aos municipios de Sanlúcar de Barrameda (estrada A-2002), Jerez de la Frontera, Rota, Puerto Real, e Cádiz por medio da baía. Conta cuns 22 km de costa. El Puerto de Santa María caracterízase polo seu atractivo turístico principal, a praia, e conta cuns 16 km de areal, todos de area fina, e con máis de 3.200 horas de sol ao ano. Dos areais son importantes: Fuenterrabía, Santa Catalina (Los Curas, Las Redes, Vistahermosa-El Buceador), Valdelagrana, La Puntilla-La Colorá), La Calita, El Aculadero, a de Levante (onde está unha área naturista) e La Muralla. Unha extensión importante do solo do termo municipal pertence ao Parque Natural Baía de Cádiz.