Economía de Croacia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Economía de Croacia | ||
---|---|---|
Moeda | kuna | |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC | |
Datos estatísticos Fonte:CIA | ||
PIB | US$ 69,44 mil millóns (2007) | |
PIB (posición) | 75ª no mundo | |
% de crecemento PIB | 5,6% (2007) | |
PIB per cápita | US$ 15 500 (2007) | |
PIB por sector | agricultura 7,2%, industria 32%, comercio e servizos 60,7% (2007) | |
Inflación anual | 2,2% | |
Poboación abaixo da liña da pobreza | 11% (2003) | |
Total da forza de traballo | 1 714 000 | |
% traballadores por sector | agricultura 2,7%, industria 32,8%, comercio e servizos 64,5% (2004) | |
Desemprego | 11,8% (2007) | |
Principais industrias | produtos químicos e plasticos, máquinas e ferramentas, metal fabricado, electrónicos, ferro e aceiro, aluminio, papel e produtos de madeira, materiais de construción, textis, navíos, petróleo refinado, alimentos e bebidas, turismo | |
Parcerías comerciais [1] | ||
Exportacións (US$) | 12,11 mil millóns f.o.b. (2007) | |
Principais productos exportados | equipamentos de transporte, textis, produtos químicos, alimentos, combustíbel | |
Principais mercados | Italia 23,1%, Bosnia e Hercegovina 12,7%, Alemaña 10,4%, Eslovenia 8,3%, Austria 6,1% (2006) | |
Importacións (US$) | 25,78 mil millóns (2007) | |
Principais parceiros | Italia 16,7 %, Alemaña 14,5 %, Rusia 9,7 %, Eslovenia 6,8 %, Austria 5,4 %, China 5,3 % (2006) | |
Finanzas públicas [2] | ||
Débeda externa | US$ 41,56 mil millóns (2007) | |
Receitas (US$) | 22,46 mil millóns | |
Despesas (US$) | 23,85 mil millóns | |
Axuda económica recebida (US$) | 125,4 millóns (2005) |
Croacia é un candidato oficial para acceder á Unión Europea (xunto coa República da Macedonia e Turquía). Os seus indicadores macroeeconómicos son mellores que países que xa accederan á UE en 2004. O acceso de Eslovenia á UE e a súa incorporación ó sistema monetario do Euro, son novas esperanzadoras para a segunda economía máis estable da ex-Iugoslavia. De tódolos xeitos, o comisario encargado da ampliación Olli Rehn, dixo que ningún novo país se incorporaría á Unión tras Romanía e Bulgaria ata o 2010. As maiores trabas son a política agraria e o libre movemento de persoas e capitais, consecuencias do pasado comunista croata.
A renda per cápita croata no 2004 representaba tan só o 41,6% da renda media da UE (8.960€), as consecuencias desfavorables da guerra dos Balcáns e os reasentamentos étnicos da poboación frearon o desenvolvemento económico. O turismo nos últimos anos esta crecendo a un ritmo considerable, a cidade de Dubrovnik volve estar nos principais destinos dos operadores de turismo internacionais.