Dobra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A dobra foi unha moeda castelá de ouro, teñen a súa orixe no dobre dinar almohade, unha moeda de ouro, coñecida en castelán como dobla. Bateuse por vez primeira por orde de Fernando III tras a conquista de Sevilla para substituír ó marabedí de ouro. En Castela desapareceu tras a reforma monetaria de 1497 aínda que perdurou nas Indias.