Descomposición química
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Chámase reacción de descomposición á aquela na que unha substancia máis ou menos complexa da lugar a outras máis sinxelas.
Como exemplo pódese poñer a descomposición do carbonato de calcio por efecto da calor.
CaCO3 (s) → CaO (s) + CO2 (g)
Na ecuación represéntase que o carbonato de calcio, sólido, descomponse dando óxido de calcio, sólido, e dióxido de carbono, gas.