Declinación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
O termo declinación pode referirse a:
- Declinación: Acción e efecto de enunciar as distintas formas que adopta unha palabra en función dos casos en que se usa. Linguas que utilizan declinacións son o alemán, o húngaro, o latín e o éuscaro.
- Declinación ou latitude celeste: É a coordenada da esfera celeste, equivalente á latitude sobre a Terra. Distancia angular dun astro ao ecuador celeste; mídese entre 0º e ±90º. É positiva se vai cara ao Polo Norte, e negativa na dirección do Polo Sur celeste. A declinación xunto coa ascensión recta son as dúas coordenadas por medio das cales se determina e coñece a posición dun astro no ceo. Unha vez obtida a declinación, o valor obtido será a declinación aparente e se se desexa coñecer a declinación real é preciso ter en conta as correcciónss debidas á paralaxe e aberración ánuas, á precesión e á nutación. Ademais, se o astro pertence ao Sistema Solar haberá que ter en consideración, o valor da paralaxe diurna. Represéntase por Dec ó δ.