Décimo Xunio Bruto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Décimo Xunio Bruto (Decimus Iunius Brutus en latín) foi un xeneral e político romano do século II a.C.
Bruto, cónsul do ano 138 a.C. dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do Texo logo da morte de Viriato. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de Almourol, nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo (Lisboa). No seu avance cara o norte tivo que facer fronte a numerosos enfrontamentos coas poboacións locais. Fundou Valentia cos supervivintes do exército de Viriato. Estableceu unha posición fortificada en Viseu, e xa como procónsul do ano 137 a.C. cruzou o Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor da actual Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes), diante a negativa dos seus soldados de cruzalo polo temor a perder a memoria. Bruto cruzouno primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que chamaba por eles, e segundo Estrabón chegou ao río Miño.
O Senado romano concedeulle o título de Callaicus no 136 a.C