See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Commonwealth de Nacións - Wikipedia

Commonwealth de Nacións

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bandeira da Comunidade Británica de Nacións
Lista de países membros
organizados por continente
Data de
ingreso
África
Botswana 1966
Camerún 1995
Gambia 1965
Ghana 1957
Quenia 1963
Lesoto 1966
Malawi 1964
Mauricio 1968
Mozambique 1995
Namibia 1990
Nixeria 1960
Seychelles 1976
Serra Leona 1961
Sudáfrica 1931
Suacilandia 1968
Tanzania 1961
Uganda 1962
Zambia 1964
América
Antiga e Barbuda 1981
Bahamas 1973
Barbados 1966
Belice 1981
Canadá 1931
Dominica 1978
Granada 1974
Güiana 1966
Xamaica 1962
Santa Lucía 1979
Trindade e Tobago 1962
Saint Kitts e Nevis 1983
San Vicente e Granadinas 1979
Asia
Bangladesh 1972
Brunei 1984
India 1947
Malasia 1957
Maldivas 1982
Pakistán 1947-1999
Singapur 1965
Sri Lanka 1948
Europa
Chipre 1961
Malta 1964
Reino Unido 1931
Oceanía
Australia 1931
Fixi 1970
Kiribati 1979
Nauru 1999
Nova Celandia 1931
Papúa Nova Guinea 1975
Illas Salomón 1978
Samoa 1970
Tonga 1970
Tuvalu 1978
Vanuatu 1980

A Commonwealth ou Commonwealth of Nations é o nome en inglés dunha asociación de territorios autónomos, mais dependentes do Reino Unido, criada en 1931 e formada actualmente por 54 estados, a maioría dos cales independentes, mais incluindo alguns que aínda manteñen lazos políticos coa antiga potencia colonial.

Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coaconcesión do estatudo de Dominio (Canadá, Australia, Nova Zelanda, Sudáfrica e Terranova)). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeiro en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios. Coa Primeira Guerra Mundial e a aceleración da descomposición do imperio, os Dominios foron accedendo á súa independencia. O Imperio comezou a transformarse na British Commonwealth of Nations tras as conferencias imperiais de Londres de 1922 e 1926. Foi definida xuridicamente co Estatuto de Westminster (1931), que incluía a Gran Bretaña, os Dominios e os protectorados. O rei de inglaterra sseguía sendo o xefe de estado e o gobernador xeral representábao en cada país membro.

O nome orixinal era British Commonwealth (Comunidade Británica) até 1946. Ao ano segunte, os Comúns accederon a que todos os antigos territorios do Imperio fixesen parte da Commonwelth. Así entraron a India, Sri Lanka e Pakistán. Porén, Irlanda e Myanmar abandonáronna unha vez lograda a súa independencia. Segundo as colonias ian accedendo á independencia, pasaban a facer parte da Commonwelth. Chipre, independizado en 1960, entrou no ano seguinte. Sudáfrica foi expolsada en 1961 pola súa política de apartheid (ingresou de novo en 1994). Rhodesia (Zimbawe) foi excluída aoproclamar unilateralmente a súa independencia. Pakistán abandonouna en 1972 coa secesión de Bangladesh (aínda que ingresou de novo en 1989). As illas Fidji entraron en 1987.

A Raíña Isabel II é actualmente a xefa titular da asociación. Esta fórmula foi inventada en 1950 cando a India tornouse nunha república e, aínda que non recoñecendo a Xurxo VI como xefe de estado, a India recoñecíao como o símbolo da asociación libre de nacións.

A Commonwealth ten historicamente por obxectivo promover a integración entre as ex-colonias do Reino Unido, concedendo beneficios e facilidades comerciais, mais agora os seus obxectivos inclúen a asistencia educacional aos seus países membros e a harmonización das súas políticas.

A maioría dos membros da Commonwealth son antigas colonias do Reino Unido, coa excepción notábel de Mozambique, a antiga colonia portuguesa, que accedeu a asociación en 1995, co apoio dos seus veciños, que eran antigas colonias británicas. (Cimbabue saiu da Commonwealth en 2004.)

Outros países, como a Australia, continuan recoñecendo o monarca do Reino Unido como xefe de estado, representado por un gobernador e usan a palabra Commonwealth como título do seu estado.

Os 50 estados membros constitúen unha asociación que carece de goberno central, de institucións xurídicas e de organización administrativa. Ás súas Conferencias Xerais asisten os primeiros ministros e, desde 1965, conta cunha Secretaría Xeral asociada ao Foreign Office. Dentro da Commonwealth funciona un sistema de intercambio comercial denominado sistema de "preferencias", polo que as mercadorías procedentes dos estados membros gozan de privilexios de importación. Coa entrada do Reino Unido na CEE e na Unión Europea, estas preferencias deberon ser replantexadas. A convención de Lomé (1975) ratifica esta situación especial.

Mapa da Mancomunidade Británica de Nacións. Os países membros aparecen resaltados en azul.
Mapa da Mancomunidade Británica de Nacións. Os países membros aparecen resaltados en azul.

[editar] Artigos relacionados

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -