See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Coliseo de Roma - Wikipedia

Coliseo de Roma

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Coliseo de Roma (xullo 2003)
O Coliseo de Roma (xullo 2003)
Coliseo de Roma (abril 2007)
Coliseo de Roma (abril 2007)

O Coliseo, orixinariamente coñecido como Anfiteatro Flavio, ou simplemente como Amphitheatrum, é un anfiteatro da Roma antiga, con total probabilidade o máis famoso do mundo. Podía acoller 50.000 espectadores, sendo usado, principalmente, para espectáculos de loitas de gladiadores.

O edificio forma unha elipse de 527 m de perímetro, con eixes que miden 188 m x 156 m. A "arena" interna mide 86 m por 54 m, cunha superficie de 3.357 m². A altura actual acada 48,5 m, mais en orixe chegaba a 52 m.

O Coliseo foi construído sobre o terreo que ocupaba o enorme pazo de Nerón, a Domus Aurea, que estaba precisamente situado na depresión de Velia, entre o Caelius, o monte Oppius e o Palatino, cerca do barrio de Suburra, e xusto sobre o lago do pazo, que foi desecado, e dunha "arena" de madeira para gladiadores, que foi destruída. Está no cruce da Vía Triunfal e a Vía Sacra.

Finanzouse co diñeiro recabado na campaña victoriosa de Tito en Xudea, e sobretodo procedente do saqueo do Templo de Xerusalem, no ano 70 d.C.

Unha enorme estatua de Nerón, o Coloso de Nerón, que foi desprazada a raíz da construción do Templo de Venus e de Roma, atopábase erguida á beira do Anfiteatro Flavio; de aí saíu o seu nome de Coliseo: Colosseum, durante a Idade Media, debido aos restos que perduraban do Coloso de Nerón. O Coliseo, pois, foi chamado así despois da Antigüidade e nunca na época imperial romana.

Índice

[editar] Construción

A edificación comezou cara o ano 70 d.C. con Vespasiano. El mesmo consagrou a construción en 79 d.C. cando o anfiteatro non tiña máis que dúas alturas. Sería rematado polo seu fillo o Emperador romano Tito no 80 d.C., que engadíu a terceira e cuarta alturas.

A construción enteira do edificio durou menos de dez anos, a pesar do seu imponente tamaño e dos medios da época. Tito consagrou a ampliación da edificación con magníficos xogos que duraron 100 días.

Domiciano engadíu aínda algúns retoques á fábrica uns anos máis tarde. O nome de Anfiteatro Flavio débese evidentemente á dinastía da que formaran parte estes tres emperadores: os Flavios.

[editar] Arquitectura

Corte transversal do Coliseo segundo o Lexikon der gesamten Technik (1904) de Otto Lueger
Corte transversal do Coliseo segundo o Lexikon der gesamten Technik (1904) de Otto Lueger

O anfiteatro ten planta de forma elíptica. O eixe principal, Noroeste-Surleste ten unha lonxitude de 188 m, e o eixe menor 156 m. O exterior está construído con grandes bloques de mármore travertino. O resto dos muros interiores con bloques de "peperino" (un conglomerado) e de formigón, que poden ir ou non revestidos de ladrillo. Algunha toba foi tamén empregada na parte inferior dos muros interiores. O muro externo -na fachada superaba os 48,50 m de alto-, substéntase sobre un estilóbato, que está alzado como dúas alturas por medio dunha plataforma de travertino, que ten 17,50 m de ancho, e rodeaba a construción toda por enteiro. O muro externo mesmo está dividido en catro alturas, das que as tres inferiores se compoñen de fileiras de arcadas abertas, un modelo arquitectónico imitado do próximo Teatro de Marcelo.

[editar] Primeira altura

As bóvedas da arcada inferior teñen 7,05 m de altura e 4,20 de ancho. As pilastras que os sustentan son de 2,40 m de ancho e 2,70 de profundidade. Diante destas pilastras, columnas de orde dórica sustentan un entaboamento de 2,35 m de alto, mais sen as características distintivas desta orde. Había oitenta bóvedas na arcada inferior, nas que se localizaban as catro entradas principais do anfiteatro, correspondentes aos puntos cardinais, carecendo de numeración. As restantes bóvedas sí foran numeradas.

[editar] Segunda altura

Proxeccións enriba das columnas da primeira altura serviron de pedestais ás columnas adosadas da segunda arcada. Esta ten as mesmas dimensións que a anterior, salvo que as bóvedas teñen soamente 6,45 m de altura. As columnas son de orde xónica, e sustentan, á súa vez, un entaboamento de 2,10 m de altura, pero non é unha orde xónica ideal.

[editar] Terceira altura

A terceira altura é tamén unha arcada con columnata de orde corintia. As bóvedas son de 6,40 m de alto. Novamente un entaboamento coroa a arcada. Tanto na segunda como na terceira altura, cada arco abrigaba unha estatua.

[editar] Cuarta altura

A cuarta altura carece de arcada: é un muro ornamentado de pilastras de orde corintia, colocadas seguindo o eixe das columnas das alturas inferiores. Como no casos anteriores, as pilastras sustentan o correspondente entaboamento.

Coroando o conxunto, había consolas, tres entre cada par de pilastras. Nelas colocábanse mastros que servían para soster toldos (velaria), cos que se protexía a cavea dos elementos atmosféricos.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -