Chimpancé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O chimpancé (Pan troglodytes) é un simio antropomorfo da familia dos homínidos. Habitan os bosques tropicais e as sabanas da África central e occidental. Os adultos no seu estado natural teñen un peso medio de 43 kg para os machos e 33 para as femias, a súa altura media é respectivamente de 160 e 130 cm. Corren perigo de extinción pola degradación e destrución do seu hábitat natural, estímabase o seu número no ano 2003 en entre 170.000 e 300.000 individuos.
[editar] Subespecies
- Pan troglodytes troglodytes, en Camerún, República Centroafricana, Guinea Ecuatorial, Gabón e República Democrática do Congo.
- Pan troglodytes verus, en Guinea, Malí, Serra Leoa, Liberia, Costa de Marfil, Gana e Nixeria.
- Pan troglodytes vellerosus, en Nixeria e Camerún.
- Pan troglodytes schweinfurthii, en República Centroafricana, Sudán, República Democrática do Congo, Uganda, Ruanda, Burundi, Tanzania e Zambia.