Carlos Amarante
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Luís Ferreira da Cruz Amarante (Braga, 30 de outubro de 1748, Porto, 22 de xaneiro de 1815) foi un enxeñeiro e arquitecto portugués.
Carlos Amarante era fillo dun músico, Manuel Ferreira da Cruz Amarante, e de María Josefa Rosa de Almeida. Comezou por seguir a carreira eclesiástica, interrompéndoa para se casar aos 23 anos con Luísa Clara Xavier. Formouse, entretanto, en Enxeñaría e Arquitectura, o que lle posibilitou a realización dalgunhas obras notábeis, nomeadamente en estilo neoclásico
Está sepultado na Igrexa da Trindade no Porto.
[editar] Obras
- Bon Xesús do Monte (1784-1811), Braga.
- Igreja do Pópulo (fins do XVIII), Braga.
- Igrexa do Hospital, Braga.
- Ponte de San Gonzalo (1782-1790), sobre o río Támega, en Amarante
- Ponte das Barcas, Porto, desaparecida.
- Real Academia da Mariña e do Comercio (1807), hoxe Reitoria da Universidade do Porto, Porto, remodelada en 1833.
- Igrexa da Trindade (rematada en 1841), Porto.
- Reconstruzón das murallas de Valença.