Calanda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Calanda | |
---|---|
bandeira =
situación = país = España |
{{{bandeira}}} |
Situación xeográfica | |
{{{situación}}} | |
Estado: | [[{{{país}}}]] |
Estado / Rexión autónoma: | Aragón |
Provincia: | provincia de Teruel |
Xeografía | |
Altitude: | 450 msnm |
Superficie: | 112,26 km² km² |
Poboación | |
Poboación total: | 3.644 hab. (INE 2006) |
Densidade de poboación: | 32.05 hab./km² |
Xentilicio: | calandino |
Información | |
Código postal: | 44570 |
Alcalde: | Manuel Adrián Royo Ramos (PSOE) |
Sitio na web: | www.calanda.es semana santa en Calanda |
Calanda é un concello da provincia de Teruel (Aragón, España). Está situado na bisbarra do Baixo Aragón.
A súa Semana Santa é de interese turístico por pertencer á Ruta del tambor y el bombo. É coñecida internacionalmente pola "Rompida da hora" ás 12 da mañá do Venres Santo. Os "putuntunes" (soldados vestidos de romanos) permanecen ata as 2 da tarde do Sábado Santo tocando os seus tambores en sinal de dor.
Pola zona pasaron os romanos e os árabes. A orixe da afición a tocar tambores e bombos vén da época das loitas cos árabes (século XII), xa que serviron para avisar dos ataques destes. Posteriormente utilizouse como instrumento de celebracións.
Os edificios relixiosos existentes son a Igrexa Parroquial da Nosa Señora da Esperanza (século XVIII), de estilo barroco; a Igrexa Parroquial da Virxe do Pilar (século XVIII); a Ermida de Santa Bárbara (século XV) e a Ermida do Humilladeiro (século XVIII). No alto dun outeiro ás aforas da poboación pódese ver o Calvario.
A vila está regada polos ríos Guadalope e Guadalopillo.
Producción de pexego con denominación de orixe, aceite con denominación de orixe, améndoa e cereal, así como refractarios e outras industrias e servizos.
Calanda é mundialmente coñecida pola súa Semana Santa e polo seu máis ilustre veciño, Luis Buñuel (a quen no seu momento botaron da vila por roxo), director de cine español, considerado o pai do surrealismo. Outras persoaxes menos coñecidas, pero con igual importancia son: Gaspar Sanz, compositor barroco de guitarra española, que traballou para a Corte, e é coñecido pola súa Instrucción de música sobre la guitarra española; Miguel Pellicer, calandino famoso polo seu milagre, xa que pola importancia deste foi coñecida mundialmente a Virxe do Pilar, patroa da Hispanidade; o Cardeal Cascajares, cardeal nomeado polo Papa e obispo de Calahorra A Rioxa; mosén Vicente Allanegui, o impulsor da Semana Santa calandina; o pai Manuel Mindán, falecido recentemente, gran filósofo e catedrático; Miguel Sancho Izquierdo, catedrático de Dereito e ex-rector da Universidade de Zaragoza.
Índice |
[editar] Poboación
Variación demográfica do Concello entre 1991 e 2004 | |||
---|---|---|---|
2004 | 2001 | 1996 | 1991 |
3598 | 3474 | 3596 | 3552 |
[editar] Fillos ilustres
Calanda é o berce do guitarrista e compositor barroco Gaspar Sanz e do cineasta Luis Buñuel.
[editar] Cidades irmanadas
- Frouzins, Francia