Buru
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Buru é unha illa indonesia de 9.505 km² e uns 100.000 habitantes pertencente ás Molucas, situada ao oeste de Ceram e Ambon. Na súa costa nororiental atópase a súa cidade e porto principal, Namlea. O Gunung Kaplamada, de 2.729 m, é a súa montaña principal.
Baixo a influencia política dos gobernantes de Ternate nos séculos XV e XVI, desde 1658 pertenceu á Compañía holandesa das Indias Orientais.
Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade dacabalo entre o Sueste asiático e Oceanía. Nela viviu unha subespecie da Lechuza de Campanario de Tanimbar, que se cre extinta na actualidade.