See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Burato negro - Wikipedia

Burato negro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Recreación dun burato negro (fonte NASA)
Recreación dun burato negro (fonte NASA)

Un burato negro é un obxecto celeste cunha densidade tal que a curvatura do espazo adxacente está pregada sobre si, polo que están illados do universo exterior e nin sequera a luz (ao viaxar en liña recta, en realidade unha xeodésica, e estar o espazo curvo sobre si) pode fuxir. De aí o nome, xa que non só non emiten luz senón que absorben todo tipo de radiación ou materia que se achegue demasiado.

Pénsase que o feito de que a luz caia dentro destes obxetos é debido á súa enorme densidade, aínda que o feito é que os fotóns (Partículas mensaxeiras da radiación electromagnética) non teñen masa en repouso, senón só enerxía en movemento, véndose afectados pola gravidade a efectos desta.

Índice

[editar] Clasificación teórica

Poden existir polo menos tres clases de buratos negros (por orixe):

  • Unha clase é a dos buratos negros primordiais orixinados cedo na historia do universo. As súas masas poden ser variadas, e ningún foi observado ata o de agora.
  • Tamén existen buratos negros supermasivos, con masas de varios millóns de masas solares. Estes fórmanse no mesmo proceso que dá orixe ás compoñentes esféricas das galaxias.
  • Finalmente, outra clase é de buratos negros de masa solar. Un destes fórmase cando unha estrela de masa 2.5 maior ca do Sol esgota a enerxía necesaria para manter as reacións nucleares que evitaban que a estrela se derrubara sobre si mesma, convértese en supernova e estoupa. O seu núcleo concéntrase nun volume moi pequeno que cada vez vaise reducindo máis, polo que a masa nese punto é capaz de orixinar unha rasgadura no tecido espazo-tempo.

[editar] Caracterización

Un burato negro está limitado por un horizonte de sucesos do que nada pode fuxir, nin sequera a luz, de aí que sexan "negros". A materia atrapada no campo gravitatorio dun burato negro usualmente forma un disco de acreción arredor do horizonte de sucesos, e a materia que disipa o seu momento angular no disco vai caendo no furado.

A ergosfera é unha superficie elipsoide que rodea ó horizonte de eventos, da que, en teoría, aínda se pode fuxir. Nela a materia encóntrase xirando ó redor a altísimas velocidades pretas ás da luz. O horizonte de eventos é a superficie que marca o límite dende o que xa non se pode fuxir. A singularidade é un punto ou zona de densidade e gravidade infinitas que se alcanza cun volume nulo e un radio cero. Estes infinitos e ceros o que realmente din é que a relatividade xeral non é axeitada para describilo, e probablemente precisa dunha teoría cuántica da gravidade.

Un burato negro pode ser caracterizado ao completo con tres cantidades: masa, carga eléctrica e momento angular. Un furado negro sen carga e sen momento angular é un furado negro de Schwarzschild, namentres que un furado negro rotatorio (con momento angular maior que 0) denomínase furado negro de Kerr e só estes últimos son os que dispoñen de ergosfera. As solucións das ecuacións en ámbolos casos predín a existencia de buratos de verme, que, en teoría, poden ser portas no espazo-tempo que poderían comunicar dous puntos afastados do Universo ou do tempo, aínda que o seu propio 'inventor', Stephen Hawking, renegou recentemente desta idea.

Crese que no centro da maioría das galaxias (entre elas a Vía Láctea) hai buratos negros supermasivos, aínda que moitos deles están actualmente inactivos.

Segundo Stephen Hawking, a pesar da imposibilidade física de fuxida dun furado negro, estes terminarán evaporándose pola chamada Radiación de Hawking.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Glosario de Astronomía

Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -