Budas de Bamiyán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Budas de Bamiyán eran dúas estatuas monumentais de Budas excavadas na parede dunha rocha no val de Bamiyán, no centro de Afganistán. Erixidos nos século V e VI, as estatuas representan a conxunción da arte grega e budista.
En marzo de 2001 o goberno talibán derrubou as estatuas. Existe un proxecto de reconstrución que resulta controvertido.