Breda Ba.88
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Breda Ba.88 Lince | |
---|---|
Ba.88 fotografiado polo Servizio Fotografico Regia Aeronautica | |
Tipo | Bombardeiro e avión de ataque |
Fabricante | Ernesto Breda |
Primeiro vóo | outubro de 1936 |
O Breda Ba.88 Lince foi un bombardeiro e avión de ataque italiano durante a Segunda Guerra Mundial. Voou por primeira vez en outubro de 1936 e en 1937 estableceu dous récords de velocidade, polo que os italianos agardaron moito deste modelo. Pero estas prestacións non se mantiveron nos exemplares de serie, que cambiaron a configuración da deriva e os motores, aparte de instalárselle unha torreta dorsal. Realizou tarefas de bombardeo, ataque e recoñecemento, pero comezaron a dar moitos fallos polo seu excesivo peso e os últimos exemplares foron drectamente desguazados.