Bieito XIII, antipapa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papa do século XIII ó século XIV |
|
---|---|
|
|
Papas do século XIV |
|
|
|
Papa do século XIV ó século XV |
|
|
|
Antipapa/s |
|
|
Bieito XIII, nado Pedro Martínez de Luna, (Illueca, Zaragoza, 1328 - Peñíscola, Castellón, 1423), máis coñecido co alcume de Papa Luna (Papa Lúa), foi papa na obediencia de Aviñón, e cardenal desde decembro de 1375. Actualmente está considerado como antipapa.
Nacido en Illueca, no reino de Aragón, era membro da familia Luna, unha das principais familias aragonesas, emparentada con arcebispos e reis. dedicouse á igrexa, como era tradición cos segundos fillos da casa de Luna. Estudiou leis na Universidade de Montpellier, onde máis tarde foi profesor de dereito canónico.
Foi nomeado cardenal polo papa Gregorio XI nos turbulentos anos da sede de Aviñón. Acompañou ó pontífice cando, a instancias de Santa Catalina de Siena, este foi a Roma. O papa Gregorio XI faleceu durante os preparativos para o seu regreso a Aviñón, fuxindo dos conflictos e revoltas en Roma.
Obrigados polo pobo romano, que irrumpiu no cónclave tirando unha porta e que amenazou con decapitalos, a maioría dos cardenais votaron ó futuro Urbano VI. Trala chegada dos restantes cardenais que non puideran acudir a Roma a tempo, consultouse a don Pedro sobre a lexitimidade do cónclave, e cos datos aportados canonicamente entendeuse que non fora legal, xa que se votara por medo, non por convicción. Elexiuse entón a Clemente VII, que volveu a Aviñón. Don Pedro de Luna foi legado deste pontífice durante 16 anos.
Á morte de Clemente VII en 1394, don Pedro foi elexido pontífice por 20 dos 21 votos, e tomou o nome de Bieito XIII. Francia opúxose a este papa que non era tan influenciable e que ademais era súbdito da Coroa de Aragón. Foi presionado para que renunciasea, ó que se negou alegando un dano irreparable á igrexa. Curiosamente, esta actitude súa foi a que a historia recordaría, xurdindo o dito popular castelán de Siguió en sus trece. Aínda que nun momento dado houbo tres papas simultaneamente (Xoán XXII, Gregorio XII e el), Bieito sempre aduciu que o seu papado era o válido dado que el era o único papa que fora elexido cardenal antes do Cisma de Occidente, e por tanto o único realmente lexítimo. Pero finalmente, as teses conciliaristas, que defendían que o concilio era superior ó papa, triunfaron e foi deposto no concilio de Constanza xunto cos papas de Aviñón e Roma, deixando a Martiño V como pontífice único en Roma. Martín V enviou a España a un legado coa misión de envelenar a don Pedro Luna, pero non tivo éxito. Don Pedro Martínez de Luna morreu en 1423 en Peñíscola, a onde mudara a sede papal, no antigo castelo da Orde do Temple.
Trala súa morte os seus cardenais elexiron ó seu sucesor, Gil Sánchez Muñoz, que tomou o nome de Clemente VIII, último papa da obediencia de Aviñón, no Salón do Cónclave do castelo de Peñíscola, lugar onde residiu ata a súa abdicación en Martiño V. Esta tivo lugar en San Mateo, no Maestrazgo castellonense, o 26 de xullo de 1429, principalmente debido ás presións políticas de Afonso V de Aragón, inmerso na conquista do reino de Nápoles. Con esta abdicación deuse o Cisma por finalizado.
Bieito foi seguido tamén por Bernard Garnier, o antipapa Bieito XIV, que actuou como papa en secreto. Unha carta do conde de Armagnac a Xoana de Arco revela que o arquidecano de Rodez coñecía o paradeiro de Bieito XIV e que o aceptaba como papa. Dous novelistas, Jean Raspail e Gerard Bavoux, imaxinan que a liña sucesora continuou. Algúns incluso cren que hoxe existe un papa desta sucesión co título de Bieito XL.[1]
[editar] Notas
[editar] Bibliografía especializada
- Chronica actitatorum temporibus Benedicti XIII (Martín de Alpartil, 1441)
- La Casa de Luna (1276-1348): factor político y lazos de sangre en la ascensión de un linaje aragonés (Francisco de Moxó y de Montoliú, 1990)
- El Papa Luna: un imposible empeño: estudio político-económico (Francisco de Moxó y de Montoliú, 1986)
- Miscellanea de Luna (Francisco de Moxó y de Montoliú, 2005)
- Benedicto XIII, el último Papa de Aviñón (Francisco de Moxó y de Montoliú, 1994)