Bandeira de Francia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A bandeira de Francia, coñecida como bandeira tricolor azul, branco e vermello é o emblema nacional de Francia.
[editar] Historia
A bandeira creouna o marqués de La Fayette, segundo a tradición xuntando as cores da vila de París (azul e vermella) co branco da monarquía. A disposición actual das cores adoptouse por decreto o 15 de febreiro de 1794 para evitar confusións nos combates navais. En 1812 xeralizouse no exército.
Logo da caída de Napoleón en 1815 restableceuse a bandeira branca da monarquía, en 1830 a monarquía de xuño volta á bandeira tricolor.