See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bandeira de España - Wikipedia

Bandeira de España

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Bandeira de España

[editar] Historia da bandeira española

No século XVIII as bandeiras de Francia, España, Nápoles, Toscana, Parma e Sicilia eran brancas, cor da casa de Bor­bón. Iso producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar, no que os navíos das diversas potencias citadas podían ser confundidos fácil­mente.

Carlos III tomou a decisión de dispoñer que se buscase unha bandeira distinta á dos demais países e que fose fácilmente distinguida en pleno mar, e promoviu un concurso de dise­ños. No Museo Naval de Madrid poden verse os doce di­buxos que foron presentados ao rei; ningún deles corres­ponde exactamente á bandeira española actual. O rei, modificou personalmente un pouco un dos proxectos presentados, que foi o que se adoptou o 28 de maio de 1785 como bandeira da mariña de guerra española (Armada española), e só da de guerra, pois a ensina dos navíos mercantes tiña que ter cinco bandas -tres amarelas e dúas vermellas- para que se distinguie­sen fácilmente uns barcos doutros.

Mais tarde e baixo o reinado de Isabel II , o 13 de outubro de 1843 o goberno provisional de España elexiu esta bandeira como a peculiar de todo o Estado. O texto do real decreto, di textualmente:

«Sendo a Bandeira nacional o verdadeiro símbolo da mo­narquía española, chamou a atención do goberno a dife­rencia que existe entre aquela e as particulares dos cuer­pos do Exército: tan notable diferenza trae a súa orixe do que tivo cada un deses mesmos corpos, porque, formados baixo a denominación e influxo dos diversos reinos, provincias ou pobos en que estaba antigamente dividida España, cada cal adoptou as cores ou brasóns daquel que lle daba nome».

Nesta bandeira colocouse o escudo coas armas reais, que foi modificado cando a revolución de 1868, en que apa­receron os cuarteis de Castela, León, Aragón e Navarra, co de Granada entre as columnas de Hércules e baixo coroa mural. As 3 froles de lis pertencentes á familia Borbón foi­ron suprimidas.

  • Baixo o reinado de Amadeo de Saboya modificouse soamen­te o escudo, substituíndo as flores de lis borbónicas pola cruz branca da monarquía saboyana, e o 11 de febreiro de 1873.
  • Baixo o raiñado de Alfonso XII (1874-1885) con data do 10 de decembro de 1878, prolongase unha Instrucción sobre ensinas, bandeiras, honors e saudos marítimos polo cal no artígo primeiro descrebese a Bandeira nacional voltando ao mesmo estado que na época isabelina.
  • O 27 de abril de 1931, o Goberno provisional da II República promulgaba un decreto (Colección Lexislativa do Exército, numero 201) en cuxo artigo 1º fálase da adopción como bandeira nacional da tricolor, descrita no artigo 2º do seguinte xeito:

    «... formada por tres bandas horizontais de igual ancho, sendo vermella a superior, amarela a central e morada escura a inferior. No centro da banda amarela figurará o escudo de España, adoptándose por tal o que figura no reverso das moedas de cinco pesetas acuñadas polo Goberno provisional en 1869 e 1870", isto é: Castela, León, Aragón, Navarra sen a esmeralda, e Granada en punta, acoladas a columnas de Hércules, sen coroas, e baseadas en terra e cun único listón entrelazándoas coa lenda "Plus ultra", ao timbre coroa mural».

Ademais, detállase que a bandeira de endrizar en fortificions, campamentos e edificios tería as dimensións de 135 de ancho por 225 de longo. A cor morado foi atribuído segun algúns escritores, ao pendón de Castela.

  • O alzamiento militar de 1936 produciuse ao parecer co berro de « ¡Viva a República! », e foi o xeneral Mola o que, presionado ao pa­recer polos monárquicos tradicionalistas navarros, impuxo a bandeira bicolor corenta días despois do 18 de xullo. O escu­do segue sendo o da República ata o 2 de febreiro de 1938, en que aparece o aguia de san Xoan. Este escudo e esta bandeira foron os oficiais durante toda a época franquista.
  • Pola Constitución española de 1978, no seu artigo IV, apar­tado I, proclámase que "a bandeira de España está formada por tres franxas horizontais vermella, amarela e vermella, sendo a amarela de dobre anchura que cada unha das vermellas». Non fala para nada do escudo, polo que é hoxe un suxeito de polémica ao considerar anticonstitucional á bandeira de España que levou o anterior escudo.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -