Banda de música
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Agrupación musical composta basicamente por instrumentos de vento e de percursión. Cada vez é máis habitual que se incorporen tamén instrumentos de corda fretada coma violoncellos. Á súa fronte sitúase un director/a.
En Galicia existe unha grande tradición de bandas de música, sendo a Banda de Música de Merza a máis antiga da comunidade, que sigue en activo. Outras bandas importantes son a banda de música Unión Musical de Valladares, a banda de música Municipal de Lalín, a Agrupación Musical do Rosal, a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo ou a Banda Escola de Música de Beade entre as bandas populares e a Banda de Música Municipal da Coruña ou a Banda Militar de Marín entre as profesionais.