Baia Mare
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Baia Mare (húngaro: Nagybánya, alemán: Frauenbach) é a capital do distrito de Maramureş en Romanía. Localízase na parte oriental do distrito, no curso medio do río Sasar, a unha altitude de 228 m. Conta con 137.976 habitantes (2002)
[editar] Composición étnica e lingüística
En 1910 o 65% da poboación era húngara, o 34% romanesa e o 1'2% alemá.
En 2002 o 82'85% era romanesa, 14'79% húngara, 1'5% cíngara, 0'35% alemá e 0'25% ucraína.
Segundo o censo de 2002 o 84'56% (116.674) teñen o romanés como lingua materna, húngaro 19.792, romí 762, ucraíno 277 e alemán 265