Azteca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os aztecas ou mexicas foron un pobo nativo de México, procedente da zona onde se atopa a actual cidade de Zacatecas, no que se instalaron un tempo tras se separar dos Chichimecas.
Posteriormente desprazaronse para o sur, e chegaron no ano 1325 aproximadamente ao territorio toltecas, na rexión do lago de Texcoco, onde fundaron Tenochtitlán, que sería a capital do seu imperio e daría orixe a actual Cidade de México. Para iso tiveron que se impoñer pola forza sobre os outros pobos do Val de México primeiro, e despois sobre os de toda América Central. Aínda que a súa supremacía durou uns 200 anos, nunca foi hexemónica. A súa civilización desenvolveuse baseada nunha organización económica e política moi evolucionada, unha complexa e rica relixión politeísta e unha cultura herdada en parte dos toltecas. Destacan as súas obras de arquitectura e escultura. A lingua falada polos aztecas é a lingua azteca ou lingua náhuatl que significa en galego "son bo".
A chegada dos conquistadores españois en 1523, baixo o mando de Hernán Cortés, acabou co Imperio. Cuauhtémoc, o último monarca azteca, foi asasinado e a súa capital, Tenochtitlán, destruída polo lume.