Autario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Autario ou Authari é un rei longobardo de Italia que reina de 584 a 590. Fillo do rei Cleph, non pode sucedelo á súa morte (574) e acede ao poder dez anos máis tarde, restablecendo a realeza longobarda despois dun período de anarquía no tanto que os longobardos deben facer fronte a incursións francas dirixidas polo rei Khildeberto II de Austrasia en resposta da chamada dos bizantinos. Authari adopta o nome tipicamente romano de Flavius, combate aos francos e aos bizantinos, somete ao ducado longobardo de Benevento e casa cunha princesa baiuvaria católica, Teodelinda de Baviera, en 589. Morre en setembro de 590, mentres está a buscar a paz cos francos.
[editar] Vexase tamén
[editar] Outros artigos
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Cleph |
Autario | Precede a: Axilulfo |
- |