Arquipélago Bismarck
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Arquipélago Bismarck é un grupo de illas volcánicas do Pacífico situadas ao nordés dae illa de Nova Guinea, chamadas así en honra ao chanceler alemán Otto von Bismarck e pertencentes a Papúa Nova Guinea.
Inclúe as seguintes illas:
- Illas do Almirantado
- Illas Duke of York
- Illas Mussau
- Nova Bretaña
- Nova Hanover
- Nova Irlanda
- Illas Vitu