Arquipélago
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un arquipélago é un conxunto de illas relativamente próximas unhas das outras. A proximidade débese, xeralmente, a unha orixe xeolóxica común para a totalidade do arquipélago, que normalmente se forma ao longo dunha dorsal oceánica.
A palabra ven do grego Αρхιπέλαγος (Archipelagos), ou "mar principal" e designaba orixinalmente o mar Exeo, caracterizado polo seu grande número de illas (cícladas, Esporadas, Salamina, Eubea, Samotracia, Lemnos, Samos, Lesbos, Quios, Rodas, etc.). Posteriormente, esta palabra pasou a denominar as Illas exeas en si. Cando Marco Sanudo, xeneral veneciano, tomoulle a maioría delas ao Imperio Bizantino a comezos do século XIII, convertiuse en duque do Arquipélago.
[editar] Arquipélagos importantes
- Europa
- Illas Lofoten (Noruega)
- Illas Feroe (Dinamarca)
- Illas Shetland (Reino Unido)
- Illas Órcadas (Reino Unido)
- Illas Anglo-normandas (Reino Unido)
- Illas Baleares (España)
- Illas Eolias (Italia)
- Illas Xónicas (Grecia)
- Dodecaneso (Grecia)
- Cícladas (Grecia)
- Espóradas (Grecia)
- África
- Illas Canarias (España)
- Cabo Verde
- Comores
- Zanzíbar (Tanzania)
- Mascareñas (Mauricio e Francia)
- Seychelles
[editar] Véxase tamén
- Arco insular
- Estado arquipélago