See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Arctic Monkeys - Wikipedia

Arctic Monkeys

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Arctic Monkeys

A banda en concerto, 2006{{{caption}}}
Información
Orixe Sheffield, Inglaterra
País Reino Unido
Período 2001 - actualidade
Xénero(s) Indie Rock - Post-Punk - Garage Rock
Selo(s) discográfico(s) Domino Records
Membros Alex Turner
Jamie Cook
Matthew Helders
Nick O'Malley
Antigos membros Andy Nicholson
Glyn Jones
Web oficial www.ArcticMonkeys.com

Arctic Monkeys é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Sheffield, na Inglaterra.

A banda é xeralmente considerada parte da escena indie rock[1] así como as bandas contemporáneas The Libertines, The Futureheads e Franz Ferdinand. Chegaron ao éxito a través do intercambio de arquivos[2].

Índice

[editar] Historia

Logo de conseguir as súas guitarras no nadal de 2001, os viciños Alex Turner e Jamie Cook montaron unha banda cos seus amigos da escola, Andy Nicholson, que tocaba o baixo, e Matt Helders, a quen sobrou ser o batería.

Baixo o nome Bang Bang, tocaban temas de bandas como Led Zeppelin e cantaban con acento estadounidense. Logo Alex asumiu o vocal e a tarefa de escribir cancións (en verdade xa tiña algunhas), e mudaron o nome da banda como Arctic Monkeys.

Logo dalgúns primeiros concertos, en 2003, comezaron a grabar CDs demos e distribuílos para o público. Como a oferta era limitada, os fans copiaron as cancións e as compartían por Internet. Ata un perfil da banda no sitio MySpace foi creado, todo sen que os propios membros fosen conscientes. Grazas a esa divulgación viral pola rede, logo non apenas os amigos, mais centos de persoas cantaban todas as letras nos concertos.

En 2004, a súa popularidade chamou a atención da BBC Radio One e da prensa británica. Mark Bull, un fotógrafo amateur local filmou unha presentación en vivo e fixo o videoclip de "Fake Tales Of San Francisco", lanzándoo no seu sitio, xuntamente coa recompilación Beneath The Boardwalk.

En maio de 2005 a banda lanzou o seu primeiro EP, Five Minutes with Arctic Monkeys, con apenas 1500 cópias en CD e 2000 en Vinilo de 7", mais tamén dispoñíbel na iTunes Music Store. En xuño asinaron un contrato con Domino Records e despois, tocaron no Carling Stage, palco dos festivais de Reading e Leeds reservado para bandas menos coñecidas.

En outubro, o primeiro lanzamento pola Domino, "I Bet You Look Good on the Dancefloor", foi directo para o primeiro lugar nas vendas de discos do Reino Unido, con 38.962 copias. No mesmo mes, fixeran a súa primeira portada na revista New Musical Express.

O segundo compacto, "When The Sun Goes Down", saíu o 6 de xaneiro de 2006 e vendeu 38.922 cópias, novamente alcanzando o top das vendas.

Mesmo coas decargas en Internet e o intenso intercambio de arquivos, o álbum de estrea Whatever People Say I Am, That's What I'm Not, lanzado en 2006, alcanzou cifras récords de venda. As 120 mil copias no Reino Unido só no primeiro dia pasaban a suma de todos os outros álbums do "top 20" do país nesa data, e a primeira semana foi pechada como 363.735 copias.

Sen deixar a fama baixar, en abril de 2006 lanzaron un EP con cinco temas, Who the Fuck Are Arctic Monkeys?. A pesares das altas vendas, a linguaxe sucia das cancións resultou en baixas reproducións na radio, o que non incomodou a banda. Logo do lanzamento do EP, a banda presentou un novo baixo, Nick O'Malley. Inicialmente, Nick apenas sustituiría Andy na tourné polos Estados Unidos, mais despois anunciose que deixara a banda definitivamente.

En agosto, lanzaron "Leave Before The Lights Come On", o seu primeiro disco en non alcanzar o primeiro lugar de vendas. Pouco despois, o álbume Whatever People Say I Am, That's What I'm Not gañou o Mercury Prize[3], deixando atrás álbums como The Eraser de Thom Yorke, The Back Room dos Editors e Black Holes and Revelations dos Muse.

En abril de 2007 lanzaron Favourite Worst Nightmare con tal expectativa que foron feitas 400 mil copias na Gran Bretaña.

[editar] Membros

[editar] Formación actual

[editar] Ex-integrantes

  • Andy Nicholson -
  • Glyn Jones

[editar] Discografía

[editar] Álbumes

[editar] EPs

[editar] Singles

[editar] Recopilatorios

  • Beneath The Boardwalk

[editar] Filmografía

[editar] Videoclips

  • "I Bet You Look Good On The Dancefloor"
  • "When The Sun Goes Down"
  • "Leave Before The Lights Come On"
  • "The View From The Afternoon"
  • "Brianstorm"
  • "Fluorescent Adolescent"

[editar] Notas e referencias

  1. (en inglés) "Monkeys let music do the talking", BBC News, 24 de febreiro de 2006.
  2. (en inglés) "Review: Arctic Monkeys". Matt Dyson, BBC. 5 de junho de 2006.
  3. (en inglés) "Arctic Monkeys win Mercury Prize", BBC News, 6 de setembro de 2006.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -