APIGA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Asociación de Profesores de Inglés de Galicia (APIGA) é unha asociación fundada en 1982 dedicada á didáctica do ensino e aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira.
Actualmente conta con arredor de 700 socios, profesoras e profesores de Inglés dos distintos niveles educativos (Primaria, Secundaria, escolas oficiais de idiomas, universidade, etc..)
Entre as actividades que desenvolve destacan as Xornadas Didácticas, que se celebran anualmente en distintas cidades de Galiza, coa participación de profesores nacional e internacionalmente recoñecidos no campo da didáctica do inglés. Ademais destas xornadas, APIGA organiza ao longo de todo o curso escolar distintos cursos de metodoloxía en todos os níveis, ademáis de charlas formativas e grupos de traballo. Conta cun servizo de biblioteca na súa sede, en Compostela, e publica a revista Ideas (en inglés, galego e castelán), de periodicidade anual irregular.