Algol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denomínase ALGOL (ou Algol) a unha linguaxe de programación. O nome é un acrónimo das palabras inglesas Algorithmic Language (linguaxe algorítmico).
Foi moi popular nas universidades durante os anos 1960, pero non chegou a ter éxito coma linguaxe de uso comercial.
Sen embargo, Algol influiu profundamente en varias linguaxes posteriores que sí acadaron gran difusión, coma Pascal, C e Ada.
Deica 1965 dúas correntes distinguironse sobre o tema dunha sucesors para a Algol. Como resultado definironse as linguaxes Algol W que é unha linguaxe minimalista, rapidamente implementada e distribuida e, por outra parte, Algol 68 que para a época está na fronteira entre un linguaxe para programar nela e unha linguaxe para investigar sobre ela.
[editar] Exemplo de programa en Algol
- procedure Absmax(a) Dimensions:(n, m) Resultado:(y) Subíndices:(i, k);
- value n, m; array a; integer n, m, i, k; real y;
- comment Da matriz a tomase o elemento co valor absoluto maior e colocase en y.
- Os subíndices do elemento colocanse en i y k;
- begin integer p, q;
- y := 0; i := k := 1;
- for p := 1 step 1 until n do
- for q := 1 step 1 until m do
- if abs(a[p, q]) > y then
- begin y := abs(a[p, q]);
- i := p; k := q
- end
- begin y := abs(a[p, q]);
- if abs(a[p, q]) > y then
- end Absmax
[editar] Algol W
Linguaxe elaborada diseñada por Niklaus Wirth e Tony Hoare a partir dos traballos do grupo ALGOL da IFIP. Tratase dunha linguaxe concisa, simple de implementar, que evita tódolos defectos coñecidos da linguaxe Algol e inclúe as suas propias características adicionais. Sen embargo, o grupo Algol non a adoptou como sucesora do Algol preferindo no seu lugar á que terminou sendo Algol 68. Algol W foi empregada por gran cantidad de usuarios e sembrou o camiño para o nacemento do linguaxe Pascal.
Entre as características desta linguaxe destacanse: Aritmética de dobre precisión, números complexos, cadeas de caracteres e estruturas de datos dinámicas, evaluación por valor, paso de parámetros por valor, valor resultado ou resultado.
[editar] Algol 68
A definición desta linguaxe foi presentada na reunión do comité ALGOL da IFIP en 1965. Tras varios anos de revisión do deseño chegouse a unha versión definitiva en 1968. O principal autor é Adriaan Van Wijngarden.
Os obxectivos principais da ALGOL 68 son a comunicación de algoritmos, a eficiente execución dos mesmos en diferentes arquitecturas e o servizo como ferramenta para a ensinanza.
Unha característica interesante da ALGOL 68 é que a súa semántica foi definida formalmente antes de ser implementada en base ao formalismo chamado gramáticas de dous niveis.