Aiulfo II de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aiulfo II (tamén Aio, Ajo, ou Aione) reinou como príncipe de Benevento (884 - 891) durante un período particularmente tormentoso para o principado independente.
Depuxo ao seu irmán máis vello, Radelchis II, en 884 ou 885 nun momento no que os bizantinos, baixo Nicéforo Focas o Vello, reconquistaran Calabria desde 883. Nicéforo concentrou os seus ataques no territorio arredor de Benevento e Aiulfo respondeu capturando Bari. Bari foi retomada nese mesmo ano.
Aiulfo tamén tivo que se enfrontar cunha invasión do Ducado de Nápoles. [1]
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Radelchis II de Benevento |
Aiulfo II de Benevento | Precede a: Orso de Benevento |
- |