Abrelatas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un abrelatas é unha ferramenta utilizada para abrir latas de conserva.
As primeiras latas de conserva abríanse utilizando coitelos, ciceis ou rochas. En 1858, o norteamericano Ezra Warner patentou o primeiro abrelatas. Era un aparello enorme, difícil de usar que consistía nunha especie de fouce que tiña que se introducir á forza na lata. En 1870 William Lyman deseñou o primeiro abrelatas moderno.