Ácido sulfúrico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
General |
|
---|---|
Nome | Ácido Sulfúrico |
Fórmula química | H2SO4 |
Apariencia | Líquido incoloro |
Físicas |
|
Peso molecular | 98.1 uma |
Punto de fusión | 283 K (10 °C) |
Punto de ebullición | 610 K (337 °C) |
Densidade | 1.8 ×103 kg/m3 |
Solubilidade | miscible |
Termoquímica |
|
ΔfH0líquido | -814 kJ/mol |
S0líquido, 1 bar | 19 J/mol·K |
Seguridade |
|
Inxestión | Grave e pode ocasionar dano permanente. |
Inhalación | Moi perigosa, posiblemente fatal. Efectos a longo prazo coñecidos. |
Pel | Causa queimaduras. |
Ollos | Causa queimaduras. |
Composto químico moi corrosivo con fórmula:
É o composto químico que máis se produce no mundo. Unha gran parte emprégase na obtención de fertilizantes. Tamén se usa para a síntese doutros ácidos e sulfatos, e na industria petroquímica.
Xeralmente obtense a partir de dióxido de xofre, por oxidación con óxidos de nitróxeno en disolución acuosa. Normalmente despois lévanse a cabo procesos para conseguir unha maior concentración do ácido.
A molécula presenta unha estrutura piramidal, co átomo de xofre no centro e os catro átomos de osíxeno nos vértices. Os dous átomos de hidróxeno están unidos a cadanseu átomo de osíxeno. Dependendo da disolución, estes hidróxenos pódense disociar. Na auga compórtase como un ácido forte na sua primeira disociación, dando o anión monohidroxenosulfato, e como un ácido débil na segunda, dando o anión sulfato.