See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xosé Quiroga Suárez - Wikipedia

Xosé Quiroga Suárez

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Xosé Quiroga Suárez (Petín, 4 de xullo de 1920 - A Rúa, 18 de outubro de 2006), foi un médico e político valdeorrés e o primeiro presidente da Xunta de Galiza trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981 (o segundo estatuto de autonomía da historia da Galiza).

Índice

[editar] Traxectoria política

Xosé Quiroga foi alcalde da Rúa durante o franquismo, entre 1953 e 1956.

Nos primeiros días da recuperación da democracia en Galiza, e dende o ámbito do cooperativismo agrario, fundou o partido Acción Política Orensana, a canda Vitorino Núñez. Foi membro de UCD desde a creación do partido por Adolfo Suárez, e resultou elixido senador nas consituíntes de 1977. Neses comicios foi o político máis votado de toda Galiza.

[editar] O primeiro goberno da Xunta

En 1979 foi nomeado presidente da Xunta pola UCD, cargo no que tomou posesión o 9 de xuño de 1979.

O seu goberno formárono Ramón Félix Blanco Gómez, Daniel Casalderrey Castro (agricultura, gandería e montes), Luís Cordeiro Rodríguez, Alejandrino Fernández Barreiro (educación e cultura), Baldomero Fernández Calviño (pesca), Segundo Fernández Covelo, Alfonso Javier García Ascaso (industria, comercio e turismo), José Gómez García, José Luis Nogueira Rodríguez, Vitorino Núñez, José María Pardo Montero (ordenación do territorio, urbanismo e transportes), José Regal Vázquez, Julio Riera Nieves, Miguel Sanmartín Losada (administración local), Jaime Tejada Lorenzo, Indalecio Tizón Covelo, José Antonio Trillo Torres e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

Deixou o seu cargo o 21 de xaneiro de 1982 para dar lugar ás primeiras eleccións á presidencia da Xunta de Galiza, gañadas por Xerardo Fernández Albor.

[editar] Conselleiro e senador

Durante todos eses anos compaxinou o seu cargo de presidente da Xunta co de senador, onde foi elixido en representación da UCD por tres veces (1977-1986).

Posteriormente, abandonou a UCD trala descomposición da formación centrista e sumouse a Coalición Galega, o Partido Reformista de Miquel Roca, Alianza Popular e posteriormente o Partido Popular. Coa dereita foi senador en tres lexislaturas máis, foi tamén deputado autonómico e conselleiro de Sanidade e tamén de Traballo nos gobernos de Fernández Albor.

[editar] Vida persoal

Xosé Quiroga estudou o bacharelato en Monforte e despois Medicina na Universidade de Santiago, onde se licencioun en 1944. Nos anos setenta (1971-1975) foi presidente da cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas.

Xa retirado da vida política, Xosé Quiroga volveu á súa terra natal e mantivo aberto o consultorio médico na Rúa ata a súa xubilación, logo de medio século de exercicio da profesión. Do seu matrimonio con Julia Gayoso tivo nove fillos.

Foi condecorado coa medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e coa Cruz de Venezuela de Fernández Miranda. Era tamén fillo predilecto de Petín.


Lista de Presidentes de Galiza

Segue a:
Antonio Rosón Pérez
Xosé Quiroga Suárez
Precede a:
Xerardo Fernández Albor
UCD
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -