Xardín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zona de terreo onde se cultivan especies vexetais para o pracer dos sentidos. Facer estas hortas sen finalidade económica vén dunha larga tradición, e xa eran famosos os Xardíns colgantes de Babilonia, considerados como unha das marabillas do mundo antigo, o que denota que estes espazos de ocio teñen desde entón unha larga tradición.
Un xardín pode incorporar tanto materiais naturais como feitos polo home.
[editar] Etimoloxía
O termo xardín provén do francés jardin, horta. En castelán, ás veces chámase o xardín "horta de flor", para distinguilo da horta onde se cultivan verduras. A adopción da palabra francesa fixo máis fácil a distinción entre un e outro termo.