Vitigudino
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vitigudino é un municipio da provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Dista 67 km de Salamanca, a capital provincial.
En 2003 contaba cunha poboación de 3016 habitantes, dos cales 1.498 varóns e 1518 mulleres, nunha superficie de 52,33 km².
A súa altitude é de 769 m sobre o nivel do mar.
É cabeza dun dos cinco partidos xudiciais nos que se divide a provincia.