Ubi sunt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ubi sunt? é un tópico latino que significa literalmente "Onde están?" e fai referencia á fugacidade do tempo. Foi empregado en moitas obras da literatura. Reflicte unha forma de pensar propia da Idade Media: a concepción da vida coma un tránsito á vida despois da morte.
Un exemplo excelso da súa formulación en lingua castelá pódese atopar na obra de Jorge Manrique, Coplas a la muerte de su padre.