Torres de Altamira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Torres de Altamira | |
---|---|
Concello: | Brión |
Provincia: | A Coruña |
Comunidade Autónoma: | Galicia |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinario: | gótico |
Estilo actual: | gótico
(ruina) |
Estado actual: | En ruinas, visita libre |
Véxase tamén: Castelos de Galicia |
As Torres de Altamira son as ruinas dun castelo medieval e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na Idade Media en Galicia.
Índice |
[editar] Situación
O Castelo das Torres de Altamira sitúase no municipio de Brión, na provincia de A Coruña. Estas ruinas son o monumento mais importante e significativo deste municipio. Declarado Ben de Interese Cultural. Hoxe é propiedade da Deputación Provincial da Coruña.
Atópanse na aldea de Torres, rodeadas dunha magnífica paisaxe. Dende este lugar domínase coa ollada todo o Val da Mahía.
[editar] Historia
As ruinas do castelo, é o que queda do que se construiu no século IX sobre os restos dun castro de época castrexa, este mantívose ata o ano 1073, ano no que foi arrasada por Gonzalo de Moscoso, fillo dun tal Beremundo, castelo do que non se saben cales eran as súas dimensións, nin as dependencias coas que contaba. Despois disto a súa reconstrución viuse dificultada pola prohibición ordenada polo rei Fernando II en 1180 de construír novas fortalezas na “Terra de Santiago” sen autorización expresa do arcebispo de Compostela. Pertenceu a familia dos Moscoso dende o o século XV en diante.
Foi de novo arruinado polos Irmandiños no século XV (1431 - 1469), durante a revolta e reedificado en 1471. Curiosamente, as novas murallas xa foron adaptadas para resistir o impacto da pólvora. Posteriormente foi asediada no ano 1471, polas tropas do arcebispo de Santiago, baixo o mando do seu irmán Luis de Acevedo, sen moita sorte. Dende 1480 habitou o castelo o I Conde de Altamira Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso Pola súa posesión librouse a Batalla de Altamira.
As obras de mellora e ampliación continuaron durante o goberno do II conde de Altamira: Rodrigo Osorio de Moscoso, chegando a contar con seis torres, ademais dun cómodo pazo. Anos despois, en 1594, o V conde de Altamira: Lope de Moscoso Osorio, ordeou construír no recinto unha capela baixo a advocación dos Reis Magos.
As seguintes obras documentadas deberonse a que a fortaleza estaba en mal estado, asinando un contrato de obra co mestre canteiro Bieito Vidal, o 29 de marzo de 1629.
[editar] Proceso de ruína
A partir do século XVII os condes deixaron de habitar o castelo e ocuparon o Pazo de Trasouteiro, a pouco mais dun quilómetro das torres, trasladándose con posterioridade á corte. Todo indica que no século XVIII sufriu un incendio, que afectou sobre todo ó pazo, favorecendo o seu abandono. A partir deste momento comezou o seu proceso de ruína, sendo a finais do século XIX cando máis foi usado como canteira para numerosas construcións.
No ano 1872, un dos herdeiros da casa de Altamira vendeu as torres, xa arruínadas. Un dos compradores, un rico campesiño que estivera en América, construíu unha casa coas propias pedras da fortaleza. Outro aproveitou a capela dos Reis Magos para construírse un rocho. Tamén se aproveitaron os perpiaños na construción da Capela de Santa Minia., cando pasou a mans do arcebispado, e para as obras da igrexa parroquial de Brión, chegándose a desfacer tamén a torre da homenaxe.
En 1917 aínda se seguía sacando pedra da fortaleza, ata que en 1973 as ruínas foron adquiridas pola Deputación Provincial da Coruña, que emprendeu as obras de limpeza e consolidación do pouco que queda da que foi, segundo opinión de Ángel del Castillo, unha das mellores fortalezas de Galicia dos últimos anos do século XV.
[editar] Descrición e características
O castelo tiña seis torres rectangulares, unha muralla rodeando un suntuoso palacio, e a capela dos Reis Magos, onde eran enterrados os donos en opulentos panteóns, todos eles incluidos nun recinto de planta poligonal.
Trás tódolos expolios sufridos só quedan restos de muralla e o arranque dunha torre de bos perpiaños. Tamén poder apreciarse algunhas fiestras con arcos apuntados e conopiais pertencentes a reedificación de 1471, tralo asedio irmandiño.
[editar] Estado de conservación
En ruinas. Foi parcialmente restaurado no ano 1973.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes das Torres de Altamira
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- González Pérez, Clodio (1998). “Brión: Historia, economía, cultura e arte”. Editorial Toxosoutos.