Tamerlán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tamerlán (1336 - 1405) é unha das adaptacións occidentais de Timur Lang, parente alonxado de Genghis Khan, que se consideraba o seu fillo espiritual. O seu nome Timur, significa "ferro" en turco-mongol (cf. mongol tömör e turco demir), e evoca o de Genghis Khan, Temüdjin. Chamábaselle tamén Amir Timur (Emir de ferro). A segunda parte Lang quere dicer "coxo": « Timur o coxo » e procede do persa langidan [l a ŋ i d a n] - coxear.
Nado perto de Samarcande, no actual Usbequistán en 1336 foi emir de Transoxiana. Revelouse como un temíbel xefe guerreiro, que construíu un inmenso Imperio, que alicerzaba na forza e no terror. Tamén se mostrou, porén, como un protector das letras e das artes que farían a grandeza da súa capital Samarcanda. O seu Imperio no momento de máximo apoxeo comprendía desde o Suleste de Turquía ata cerca de Kashgar, en China, incluíndo países actuais como Siria, Iraq, Kuwait, Irán, ata Asia Central, abranxendo Kazakhstán, Afganistán, Rusia, Turkmenistán, Usbequistán, Kirguizistán, Pakistán, e a India. Era, pois, un Imperio mundial.
Logo da morte de Tamerlán, en 1405, o seu Imperio, gobernado polos seus descendentes (os Timúridas), foi tragado polas potencias veciñas ata o asalto final dos Usbecos da dinastía dos Chaybanides.
Índice |
[editar] Infancia e mocedade
Timur naceu en Transoxiana, perto de Kesh (área hoxe coñecida como Shahr-e Sabz, 'a cidade verde'), situada a unhas 50 millas ao Sur de Samarcanda, hoxe en Usbequistán.
Seu pai Taraghay era xefe da tribu de Barlas, nómadas turco falantes de orixe mongol, que remontaba a súa liña ata o xefe mongolQarachar Barlas. Taraghay era neto de Qarachar Noyon, distinguido entre os seus homes como o primeiro que se convertera ao Islam, Taraghay puido asumir o rango militar que ostentaba por herdanza. Taraghay retiroiuse a un mosteiro islámico, dicíndolle a seu fillo: "o mundo é un lindo vaso cheo de escorpións."
Sob a vixilancia paternal, a educación do mozo Timur foi tal que non só se convertera en hábil en toda clase de exercicios a aire libre, senón que gozou reputación de estar versado en literatura e ser un atento lector do Corán. Como o pai, Timur era musulmano e puido estar influído polo sufismo. Nesa época, segundo as Memorias (Malfu'at), mostraba unha natureza tenra e simpática, pero tales flores ténse actualmente por espurias.
[editar] Xefe militar
Cara 1358, converteuse en xefe militar. Tamerlán tomou parte en campañas na Transoxiana por conta do khan chagatai, un descendente de Gengis Khan. A súa carreira, na decena de anos que seguiron, está resumida nas Memorias. Aliándose con Kurgan, o destructor de Kazán, con quen tiña parentesco, invadiu o Khorasán á cabeza dun exército de millares de xenetes. Era a segunda expedición na que se erixía en actor principal. O seu éxito levouno a novas operacións, entre as que destaca a submisión de Khwarizm e Urganj.
Logo do asasinato de Kurgan, as controversias que surxiran entre os numerosos pretendentes foron cortadas pola invasión de Tugluk Timur, un descendente de Gengis Khan. Tamerlán foi enviado en misión ao acampamento dos invasores, que tivo como resultado que fose encargado do goberno de Transoxiana, en árabe Mawaranahr ("alén do río"). Á morte do seu pai, herdou o cargo de xefe dos Barlas. Mawaranahr foi confiada a un fillo de Tughluk.
[editar] Subida ao poder
A morte de Tughluk facilitou a reconquista, na que lle bastaran algúns anos de perseveranza e de enerxía, con que agregou un vasto territorio. Durante este período, Tamerlán e seu cuñado Husayn, nun primeiro momento camaradas como fuxitivos e vagabundos, tornáronse rivais. A fins de 1369. Husayn foi asasinado e Tamerlán, que fora proclamado, de xeito oficial, soberano en Balkh, subiu ao trono en Samarcanda, a capital das súas posesións.
É curioso que Tamerlán non ostentou xamais o título de Khan, autodenominándose « amir » ("príncipe" en árabe) e actuando en nome do khan de chagatai, amo da Transoxiana. Tería dezoito esposas e numerosas concubinas.
[editar] Período de expansión
Os trinta anos seguintes transcorreron con numerosas guerras e expedicións. Non só, Tamerlán consolidou o seu poder no territorio propio, sometendo os inimigos, senón que buscou amplialo, usurpando as terras de potentados veciños. As súas conquistas no Sur e Suroeste incluíron case todas as provincias de Persia, atinxindo mesmo Bagdad, Kerbala e o Kurdistán.
Un dos seus rivais máis temíbeles foi Tokhtamysh, que despois de estar refuxiado na corte de Tamerlán, foi o dirixente de Kiptchak e da Horda de Ouro, desputándolle a Timur a pose de Khwarizm. Tamerlán apoiou a Tokhtamysh contra os rusos. Tohktamysh, véndose apoiado, invadíu Rusia e tomou Moscova en 1382. Máis tarde Tohktamysh revolveuse contra Tamerlán e invadiu o Azerbaidjan en 1385. Mais en 1395, na batalla do Kur, o poder de Tohktamysh foi por fin desfeito.
En 1383 Tamerlán colleu Herat, en Persia (no actual Afganistán), que logo da morte de Abu Said (1335), cabeza da dinastía Ilkhanide, estaba baleira de poder que controlase o territorio.
[editar] Na India
En 1398, aínda que Tamerlán tiña xa sesenta anos, Farishta dinos que « informado de disturbios e guerras civís na India, iniciou unha expedición a ese país ». O 12 setembro de1398, « alcanzou as beiras do Indo ». Fixo 100.000 captivos, logo executados; os seus soldadoss facían pirámides con cabezas de inimigos…
O seu paso do río, a súa marcha ao longo da beira esquerda, os reforzos que subministrou a seu neto Pir Muhammad, que foi investido en Multan, a toma de cidades e aldeas, posibelmente acompañada de destrucción de casas e a masacre dos habitantes, a batalla ante Delhi, as vitorias doadas, a entrada triunfal na cidad maldita, con o seu cortexo de horrores... Todas esas circunstancias pertencen aos anais da India. Tense dito que devastar Delhi non entraba nas intencións de Tamerlán, mais que os seus homes non podían ser controlados tan facilmente nas portas da urbe. As vítimas foran numerosas e os sobreviventes reducidos ao escravismo.
[editar] Últimas campañas
En abril de 1399, uns tres meses logo de deixar a capital de Mahmud Toghluk, Tamerlán retornou na súa capital alén o río Oxus (Amu-Daria). A corrupción diminuíu drasticamente. Segundo Ruy Gonzáles de Clavijo, o embaixador de Castela chegado a corte de Tamerlán en 1404, noventa elefantes foran empregados tan só para transportar pedras desde canteiras, para poder erguer unha mezquita en Samarcanda.
A guerra contra os turcos e os exipcios, que sobreveu á súa volta da India, voltouse famosa pola toma de Alepo e de Damasco. Cercou Bagdad en xuño de 1401. Logo da toma da cidade, 20.000 habitantes foran masacrados. Tamerlán mandou que cada soldado debía vir mostrarlle, polo menos, dúas cabezas humanas. En 1402, Tamerlan invadíu Anatolia, desafiando o sultán otomano Baiaceto I na Batalla de Ankara ; Baiaceto foi capturado, morrendo logo no cativerio. Esta vitoria salvou temporalmente (por uns cincuenta anos) o Imperio bizantino case moribundo, ao abater as forzas turcas con as que se proxectaba tomar Constantinopla. Tamerlán tomou tamén Esmirna aos Cabaleiros de Rodas.
En decembro de 1404, Tamerlán emprendeu unha expedición militar contra a China, pero o vello guerreiro foi atacado por febres e pestes cando acampou xunto o río (Syr-Daria), morrendo en Atrar (Otrar) a mediados de febreiro de 1405. Foi sepultado en Samarcanda.
[editar] A sucesión
Tamerlán nomeou a seu neto Pir Muhammad como sucesor, pero non foi recoñecido. Por uns meses, Shah Rukh, fillo de Timur, logrou ser acptado. Pero en pouco tempo, numerosos xefes lograrían independizarse, despedazando o Imperio timúrida. Aquel inmenso imperio a penas o sobreviviu, pois non se preocupou da eficacia política nos terrorios que conquistaba, nen creou nunca unha administración.