Soneto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un soneto é un subxénero da lírica consistente nunha composición poética de catorce versos hendecasílabos, dispostos en dous cuartetos e dous tercetos.
A estrutura do soneto persegue descubrir os sentidos, distribuír as emocións, ideas ou sentimentos. O soneto é un bo exemplo, quizais o molde máis perfecto debido ás súas enormes posibilidades:
-Pode presentar a trama argumental nos dous cuartetos e facer unha ruptura no primeiro terceto que se explicita no segundo.
-O primeiro cuarteto e o segundo terceto en circularidade abranguen o resto.
-O segundo terceto pode presentar a ruptura a modo de epigrama.
-Pode haber separación en catro bloques.