Sidra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A sidra é unha bebida alcohólica de baixa gradación (menos de 3º no caso da bretoa Cidre Doux, unha sidra doce, ata un máximo de 8º) fabricada co zume levedado da mazá. Trátase dunha bebida moi estendida por todo o mundo, así en Europa tópase en numerosos países : Alemaña, Bretaña, Portugal (Madeira), España (Asturias, Cantabria e País Vasco), Italia (Piemonte), Irlanda, Escocia e Inglaterra. En América, atópase en zonas de distintos países, probablemente debido á influencia da inmigración española do século pasado: por exemplo en México prodúcese nas cidades de Huejotzingo e Zacatlán, no estado de Pobra. Na Arxentina a sidra localízase sobre todo nas provincias de Rio Negro, San Juan e Santa Fe. En Estados Unidos prodúcese principalmente en Nova Inglaterra e o estado de Nova York. Pola súa singularidade hai que diferenciar a sidra natural da sidra espumosa. En xeral, mentres que en Galiza e no norte de España consúmese maioritariamente a sidra natural, no resto o mundo áfaise a consumir a sidra espumosa (que asemella máis ao champagne ou á cervexa).