Santa Comba, Agolada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Comba (homónimos).
Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 121 habitantes (67 homes e 54 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 153 habitantes.
Lugares da parroquia de Santa Comba no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
Astrar | Carral | Castro | Garlín | Quintela | Santa Comba | Santán | O Valadoiro |