Ramon d'Abadal i de Vinyals
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ramon d'Abadal i de Vinyals | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Ramón d'Abadal i de Vinyals | ||
Data de nacemento: | 1888 | ||
Lugar de nacemento: | Vic, Cataluña | ||
Data de falecemento: | 1970 | ||
Lugar de falecemento: | Barcelona, Cataluña | ||
Partido político: | Lliga Regionalista, Acció Catalana | ||
Cargo(s): | Director do Xornal La Veu de Catalunya Membro do Consello privado de Xoán de Borbón |
||
Profesión: | Historiadore político |
Ramon d’Abadal i de Vinyals (Vic 1888 - Barcelona 1970) foi un historiador e político catalán.
Estudou dereito en Barcelona e Madrid e historia en París, militante da Lliga Regionalista, formación pola que vai ser deputado por Vic (1917-1921). Participou na fundación de Acció Catalana, escisión da Lliga. En 1933 volta á Lliga e dirixe La Veu de Cataluña.
En 1936 apoiou aos sublevados contra do goberno da República Española. Foi membro do Consello Privado de Xoán de Borbón. En 1943 entrou no Institut d'Estudis Catalans.
Os seus traballos históricos centráronse na historia medieval de Cataluña. Entre as súas obras destacan Catalunya carolíngia (1926-71), Els primers comtes catalans (1958) e El precedents antics a la història de Catalunya (1967).