See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pobreza - Wikipedia

Pobreza

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Meniño pobre.
Meniño pobre.

A pobreza á unha situación ou forma de vida que xorde como produto da imposibilidade de acceso e/ou carencia dos recursos para satisfacer as necesidades físicas e psíquicas básicas humanas que inciden nun deterioro do nivel e calidade de vida das persoas, tales como a comida, a vivenda, a educación, a asistencia sanitaria ou o acceso á auga potable. Tamén se adoita considerar a falta de medios para poder acceder a tales recursos, como o desemprego, a falta de ingresos ou un nivel baixo dos mesmos. Tamén pode ser o resultado de procesos de segregación social.

O concepto de pobreza é fundamentalmente económico, anque tamén ten impactos políticos e sociolóxicos. Na maioría dos contextos considérase algo negativo, pero en algúns ámbitos espirituais a pobreza voluntaria se considerase unha virtude por implicar a renuncia aos bens materiais.

Pode ser descrita ou medida por convencións internacionais, anque poden variar os parámetros para considerala.

Un intento de definición responde ao feito de que a pobreza debe ser vista como o resultado de un modelo económico e social, exercido e aplicado nun territorio e tiempo determinado, por os diversos axentes económicos e políticos, que producen na sociedade sectores excluidos dos beneficios totais ou parciais do modelo en execución. A estes sectores excluidos de tales beneficios chámselles xeralmente pobres ou máis xenéricamente como parte da pobreza existente.

A pobreza non é pois unha causa que deba ser tratada como tal para combatila, é o resultado de procesos complezos e extendidos no tempo, que son difíciles de apreciar a simple vista e que requiren investigación sostida para acadar a sua comprensión antes de plantexar calquera intento de rematar coa pobreza.

Índice

[editar] Niveis de pobreza

Hai duas definicións básicas distintas:

  • pobreza absoluta cando certos estándares mínimos de vida, tales como nutrición, saúde e vivenda, non poden ser acadados
  • pobreza relativa cando non se ten o nivel de ingresos necesarios para satisfacer todas ou parte das necesidades básicas.
Unha muller sen fogar e o seu can Roma
Unha muller sen fogar e o seu can Roma

As formas de medir a pobreza son moi diferentes en ambalas duas definicións. Dende un punto de vista económico, sociolóxico epsicolóxico complementanse ambas. É particularmente dramática a situación de pobreza absoluta, a cal é o principal problema das sociedades sen recursos. É sociolóxicamente y psicolóxicamente moi interesante a pobreza relativa, que a padecen quizais gran parte das sociedades desenroladas ou en vías de desenrolo, se tratase da calidade de vida.

Umbral de pobreza que ven definido como a líña fixada nun dólar diario por persoa, cantidade que se considera suficiente para a adquisición de productos necesarios para sobrevivir.

O Día Mundial para a Erradicación da pobreza se celebrase o 17 de outubro. [1]

[editar] Estadísticas

  • Máis de 1.200 millóns de seres humanos non teñen acceso a auga potable
  • 1.000 millóns carecen de vivenda estimable
  • 840 millóns de persoas mal nutridas
  • 200 millóns son nenos menores de cinco anos
  • 2.000 millóns de persoas padecen anemia por falta de ferro
  • 880 millóns de persoas non teñen acceso a servicios básicos de saúde.
  • 2.000 millóns de persoas carecen de acceso a medicamentos esenciais.

[editar] Referencias

[editar] Véaxe tamén

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -