Píldora raiada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Píldora raiada | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Arenaria interpres Arenaria melanocephala |
||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A píldora raiada (Arenaria interpres) é unha ave da orde charadriformes, familia scolopacidae, aniña na Escandinavia, sendo visible nas costas galegas durante o inverno e que mide uns 22 cm. e pesa ó redor dos 110 grs. Rechoncha, de pelaxe, pescozo e bico curtos, ten este último levemente torto cara a arriba e a xeito de cuña.
A súa plumaxe é marrón, canela, negra e branca. Durante a época de reprodución as femias portan na cabeza e o pescozo un patrón rechamante branco e negro. É unha ave solitaria que como moito forma pequenos grupos que defenden o seu territorio.
Atópase doadamente nas costas rochosas ou areeiras, procurando o seu alimento na baixeira (zona que fica ó descuberto entre mareas). Ten especial habilidade en escavar ou en voltear cunchas, pedras e refugallos á procura de crustáceos, moluscos ou ovos de peixes.
A especie Arenaria melanocephala habita na costa do Pacífico de Norteamérica.
Haematopus ostralegus, con Arenaria interpres detrás |
|||