Meaño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Meaño | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Meañes |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Salnés |
Área: | 27,8 km² |
Entidades de poboación: | 7 parroquias |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 98,92 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 90,26 % |
Ás veces: | 7,23 % |
Nunca: | 2,5 % |
Política (2003) | |
'Concelleiros 4: | PPdeG ' (votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE ' (votos - %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | [[]] () |
Eleccións municipais en: Meaño |
|
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos (2000) | |
Enderezos | |
Enderezo físico: | rúa Campo da Feira, 1 |
Teléfono: | 986 747 102 |
Fax: | 986 747 391 |
Código postal: | 36968 |
Correo electrónico: | |
http://www.concellodemeano.com | |
|
|
Notas: |
Meaño é un concello da provincia de Pontevedra. Pertence á Comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2005 tiña unha poboación de 5.478 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Meañés.
Evolución da poboación de: Meaño - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
4.149 | 4.519 | 5.048 | 5.801 | 5.489 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Situación
O concello está encravado en pleno corazón da comarca do Salnés e aberto na súa parte baixa á ría de Arousa. Combina a beleza natural da súa paisaxe coas imaxes máis emblemáticas da Galiza rural.
Os seus 28 km² de extensión albergan unha poboación de 5.500 habitantes, distribuídos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello, sendo Dena a máis densamente poboada e a única en contacto co mar.
Limita ó norte co concello de Ribadumia, ó sur con Sanxenxo, ó leste con Meis e Poio, e ó oeste con Sanxenxo, Cambados e a Ría de Arousa.
Está atravesado pola Vía Rápida 4.1, pola estrada comarcal de Vilagarcía – O Grove e polo enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas e outras estradas locais.
[editar] Xeografía
O relevo está configurado por dúas unidades: unha pequena dorsal montañosa, que se estende ao Leste do concello, prolongación surocidental do Castrove, onde se alcanzan altitudes non superiores aos 400 metros (Fontefría 396, Montemaior 280 y Candelore 271 metros); e ampla chaira salpicada dalgúns soutos ou outeiros duns 100 metros de altitude. O reborde montañoso elevado é un bloque levantado pola tectónica, ao mesmo tempo ca parte máis baixa e chá, é unha depresión formada a consecuencia do afundimento deste sector respeito ao primeiro. Este amplo val foi posteriormente recuberto por fértiles depósitos aluviais, sobre os que se instalou, sen apenas encaixarse, a rede fluvial. Son pequenos cursos de auga, destacando o río da Chanca, que nace nas pontes Fontefría y Montemaior.
A ausencia de barreiras topográficas aos ventos húmidos dominantes do SO, propicia que se recollan importantes precipitacións, que presentan un acusado máximo a finais do outono e principios do inverno e un mínimo estival. As temperaturas medias invernais son suaves, en torno aos 10°C e as estivais cálidas (20°C).
A principal actividade económica de Meaño é a agricultura. As condicións climáticas, litolóxicas e topográficas determinan o enorme potencial e fertilidade dos seus solos, sobre todo para cultivos intensivos de horta cunha clara orientación comercial; neste senso nos últimos anos aumentou moito a superficie cultivada baixo teito (invernadoiros), así como as hectáreas dedicadas a cultivos como o kiwi. Mención aparte merece o viñedo, que experimentou unha profunda transformación, tanto na mellora das variedades de vide (hoxe dominan amplamente as de albariño e caíño), como nas técnicas de enmarcado e manexo das explotacións vitivinícolas, que propiciou a aparición de importantes empresas no sector. A variedade de Albariño, encadrada na Denominación de Orixe Rías Baixas, logrou varios premios internacionais, dando fama e renome aos brancos aromáticos, afrutados e xoves caldos do val do Salnés. Así, albariño e Meaño son conceptos que están unidos, non en van aquí formouse a "Agrupación de Cosecheros del Salnés".
[editar] Turismo
Meaño permite disfrutar da tranquilidade e o descanso a poucos quilómetros dos restantes concellos da bisbarra. Cara ao interior atopamos os concellos de Ribadumia e Meis, onde se sitúa o campo de golf e o Mosteiro da Armenteira.
Seguindo a costa da Ría de Arousa cara ao Norte podemos visitar Cambados, magnífica mostra da arquitectura señorial galega, Vilanova, A Illa e Vilagarcía.
Cara ao Sur, na Ría de Pontevedra, o concello de Sanxenxo reúne un gran número de arenais a poucos minutos de Meaño. Entrambas rías, a través do istmo da Lanzada, entramos no concello do Grove, co monte Siradella, San Vicente do Mar e a Illa da Toxa.
A parroquia máis turística é Dena. É tamén a máis importante do concello de Meaño, pois ela soa ten máis habitantes que as outras seis parroquias xuntas. Conta cunha boa e desenvolvida industria e boa conectividade para o resto das parroquias limítrofes. Tamén é a única parroquia do concello que dá ao mar, e dálle nome á entrada de auga que fai a desembocadura do río da Chanca, diante da illa da Toxa, entrada que se coñece co nome de Ría de Dena; esta pecualiaridade fai a Dena moi distinta do resto do concello, onde normalmente a economía está concentrada na agricultura. Dena xa tiña, en tempos antigos, outra forma de sustentación dos seus poboadores, con telleiras, serradoiros, fábricas de ladrillos e outras actividades, como a pesca, o marisqueo, etc. Hoxe, Dena vive moito do turismo pero a súa principal actividade é sen dúbida a industria de conservas, materiais de construción e unha imparábel oferta inmobiliaria
[editar] Historia do concello
Existen poucos datos e referencias históricas deste municipio. Nas faldas do Castrove a igrexa de Santa María de Simes foi no medievo un importante lugar de oración, protexido por monarcas e nobres; tamén, se contempla a posibilidade de que fose fundada por dona Urraca. Posteriormente, Afonso VII donou estas terras ó mosteiro de San Martiño Pinario.
Meaño foi no pasado un importante centro artesanal de tecedores, fiadores ou ceramistas; na actualidade esta tradición apenas pervive. Trala desaparición desta antiga fonte de ingresos o viñedo acaparou a economía e o traballo nestas terras. Hoxe, o viño que aquí se elabora posúe a Denominación de Orixe Rías Baixas e a excelente calidade do produto está recoñecida dentro e fóra do continente.
[editar] Patrimonio histórico e artístico
O concello de Meaño ten reflectida nas súas pedras a historia que forxou ao longo dos séculos. O seu patrimonio artístico é tan abundante como descoñecido. A mais dos seus numerosos cruceiros, hórreos e muíños, algúns restaurados hai pouco, podemos comprobar o señorío dos seus pazos, como o de Lis, na parroquia de Meaño, ou o de Zárate, en Padrenda, ou a beleza das súas igrexas e capelas, entre as que destacan a de Santa María, de Simes, e o templo románico de San Xoán Bautista, de Meaño.
Ademais compre destacar a fermosura paisaxística que se observa no que se podería chamar a Rota das Capelas, visitando a da Virxe das Angustias (Xil), a de Santo Amaro (Meaño) e a de San Bieito (Lores); en torno a esta última celébrase unha romaría que congrega miles de peregrinos cada ano.
Na imaxe de arriba un dos máis de 70 muiños que existen en Meaño e, na imaxe inferior o Peto de Ánimas de Vilariño, unha fermosa mostra da arte relixiosa da Galicia rural.
A igrexa parroquial de Santa Cristina de Cobas localízase na parte máis alta da aldea, fóra do núcleo que forman as vivendas, rodeada de fragas e cultivos. É de planta rectangular, cunha soa nave e a capela maior tamén de planta rectangular e con bóveda de canón. A fachada é sinxela e a porta alintelada. Acolle no seu interior unha das imaxes máis veneradas no concello, a de San Bieito de Palermo (o santo negro), festividade que se celebra o martes despois da Pascua.
Fronte á igrexa, no adro, sitúase un cruceiro de gran beleza, ricamente tallado. Destacan as figuras do fuste que representan a escea bíblica do Pecado Orixinal.
Outras igrexas que cómpre lembrar son as seguintes:
- Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Dena
- Igrexa Parroquial de San Miguel de Lores
- Igrexa Parroquial de San Martiño de Padrenda
- Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Xil
[editar] Patrimonio etnográfico
[editar] Itinerarios e rutas
- Ruta dos muiños de auga de Meaño: unha das rotas máis características do Concello, e única na bisbarra.
- Ruta monumental: ruta turística visitando os principais monumentos arquitectónicos: igrexas, capelas e pazos.
- Ruta dos miradoiros: visitando o miradoiro de San Cibrán de Cobas, admirando as paisaxes desde o Chan de Lores, desde Monte Castrove e desde Fonte Fría.
- Ruta dos muiños: Meaño conta cunha gran cantidade de muiños de auga, algúns restaurados. Esta ruta plantexa un percorrido por gran parte destos muiños, disfrutando das paisaxes naturais que os arrodean. É unha ruta de sendeirismo.
- Ruta do Viño: ruta pola bisbarra do Salnés, visitando cada un dos municipios que o conforman. En todos eles poderemos degustar magnífico viño da denominación de orixe Albariño.
- Ruta marítima do Apóstolo: ruta polos municipios da Ría de Arousa ata chegar a Santiago.
[editar] Festas e romarías
En Meaño celébranse, ao longo do ano, numerosas festas, algunhas de gran tradición popular. Ademais das distintas festas parroquiais coas que cada parroquia celebra a festividade do seu patrón, cómpre salientar a concorrida Romaría de San Bieito de Lores ou outras menos coñecidas como a Romaría de San Brais, a quen se lle atribúen poderes curativos para doenzas de gorxa, na parroquia de Simes ou a Romaría da Nosa Señora das Angustias na parroquia de Xil.
No referido ás festas gastronómicas, o concello de Meaño, cada ano, rinde homenaxe ó viño no Encontro de Viños de Autor, cita instaurada dende o ano 1998 pola Asociación de Bodegas Artesás Rías Baixas.
[editar] Calendario de festas e romarías
- Santo Amaro (Meaño): 15 de xaneiro
- Romería de San Brais (Simes): 3 de febreiro
- San Bieito (Lores): 21 de marzo e 11 de xullo
- San Bieito de Palermo (Cobas): Martes de Pascua
- Santo Isidro Labrador (Meaño): 15 de maio
- San Juan (Meaño): 24 de xuño
- Santa Cristina (Cobas), 24 de xullo
- Santa María (Simes): 15 de agosto
- Nosa Señora dos Milagres (Meaño): 2º domingo de setembro
- Nosa Señora das Angustias (Xil): 3º domingo de setembro
- San Martiño (Padrenda): 11 de novembro
- Santa Eulalia (Xil): 10 de decembro
- Santa Lucía (Dena): 13 de decembro
- Santa Eulalia (Dena): 14 de decembro
[editar] Eventos populares
- Festival de Bandas de Música (Meaño): último domingo de abril
- Carrera Popular (Meaño): 2º domingo de setembro
- Carrera de camas sobre rodas (Meaño): 2º domingo de setembro
- Festival de Baile Rexional (Meaño): 2º domingo de setembro
[editar] Lugares de Meaño
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meaño vexa: Lugares de Meaño.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Meaño.
[editar] Parroquias
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meaño | |
---|---|
Covas (Santa Cristina) | Dena (Santa Eulalia) | Lores (San Miguel) | Meaño (San Xoán) | Padrenda (San Martiño) | Simes (Santa María) | Xil (Santa Eulalia) |