Manuel Quiroga Losada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Quiroga Losada (abril 1892 - 19 de abril de 1961) foi un violinista e compositor pontevedrés, un dos grandes violinistas españois xunto con Pablo Sarasate e Manén.
Nos seus primeiros anos recibe clases de Medal, Isidoro Puga e Juan Sagayo.
En 1904 recibe unha bolsa da Deputación de Pontevedra para recibir no Conservatorio de Madrid clases con José Hierro.
Con 16 anos acada o número un nas probas de acceso ó Conservatorio de París, onde será alumno de Nadand. En 1911 obtén o primeiro premio de violín de dito Conservatorio, o que lle permite dar os seus primeiros concertos por Francia e España. O 26 de agosto dese ano triúnfa no Teatro Principal de Pontevedra, sendo levado a hombreiros desde alí ata a súa casa.
En 1914 viaxa por vez primeira a América, onde é coñecido como "o mago do violín". Percorre Cuba, Canadá, os Estados Unidos e Iberoamérica acompañado da que sería a súa esposa, a pianista francesa Marta Leman.
O seu repertorio incluía pezas clásicas universais. Como compositor, escribiu pezas como Lamento Andaluz, Danzas Españolas, Lonxe da terriña, Canto amoroso, Rondalla, ou Concert dans le style antique.
A súa obra foi admirada por importántes músicos como Eugène Ysaÿe, que lle adicou a última das súa Seis sonatas para violín. Opus 27, da que só se imprimiron dez exemplares, conservándose un deles no Museo Provincial de Pontevedra.
A súa carreira viuse truncada en xullo de 1937 ó ser atropelado por un camión en Times Square (Nova York), ó volver ó hotel despois dun concerto con José iturbi. Decidiu entón refuxiarse na pintura e a composición, vivindo a cabalo entre Pontevedra e Compostela.
En 1949 o Concello de Pontevedra instalou unha estatua de Francisco Asorey como homenaxe.
Morreu en 1961, sendo a súa invalidez xa irreversible.