Lingua urdú
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Urdú (اردو) | ||
---|---|---|
Falado en: | Oficialmente, Paquistán, India e Afganistán. Extra-oficialmente, Kuwait, Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Bahrein, Reino Unido, Estados Unidos, Sudáfrica e en varios outros países. | |
Total de falantes: | 61 millóns nativos, 160 millóns en total | |
Posición: | 19º posición como lingua nai e 2º posición contando tamén os falantes de hindi. | |
Clasificación xenética: | Indoeuropea Indoiraniana Indoaria Idiomas hindi occidentais Urdú |
|
Escrita: | Alfabeto urdú | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Paquistán, india | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ur | |
ISO 639-2: | urd | |
ISO/DIS 639-3: | urd |
O urdú (nome local : urdū / اردو) é unha lingua india pertencente ao grupo indoiraniano da familia das linguas indoeuropeas.
Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.
Moi próximo ao hindi pola súa sintaxe e a súa morfoloxía (antes do 1947 chamábaselle hindostaní ao hindi e mais ao urdú, que constituían unha soa lingua), fixo numerosos empréstimos lexicais ao árabe e ao persa, linguas que teñen introducido dentro do seu sistema fonolóxico fonemas suplementarios. A diferenciación co hindi tende a medrar despois da separación da India e Paquistán no 1947; o urdú experimenta actualmente un re-achegamento ao persa e unha eliminación dos termos sánscritos.
[editar] Alfabeto
O urdú escríbese segundo a grafía árabe-persa.