Kaliningrado - Калининград
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kaliningrado (ruso: Калининград) é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre a Polonia e a Lituania, na beira do Mar Báltico.
Fundada no 1255 polos Cabaleiros teutonicos baixo o nome de Königsberg (montaña do rei), foi a capital da Prusia, e despois fixo parte do Imperio alemán a partir de 1871.
A cidade e a sua poboación sofreron no final da Segunda Guerra Mundial os severos bombardeos aliados, e seguidamente unha represión intensa dos soviéticos, que tentaron exterminar ou expulsar a poboación.
Foi rebatizada Kaliningrado (do nome do presidente do Comite Central do Partido Comunista, Mikhaíl Kalinin) despois da Segunda Guerra Mundial, cando a URSS anexou os territorios da rexión (rexión de Kaliningrado).
A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.