Josep Puig i Cadafalch
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Josep Puig i Cadafalch foi un arquitecto, historiador da art e político catalán. Naceu en Mataró (Maresme) en 1867 e faleceu en Barcelona en 1956.
A súa obra máis coñecida é a Casa de les Punxes (1903-1905). Era un especialista en arte románica de fama internacional e promoveu as excavacións de Empúries.
[editar] Biografía
Naceu en Mataró o ano 1867. Sendo un estudante entrou no Centre Escolar Catalanista (1887). Alí comezou a formar parte do grupo Renaixença. Traballou logo na súa cidade natal, chegando a ser arquitecto municipal. En 1891 acabou os seus estudos de arquitectura en Barcelona. Foi nomeado profesor da Escola de Arquitectura de Barcelona, onde desenvolvería as súas cualidades como arquitecto. Simultaneamente interesouse pola política, desenrolando actividades catalanistas.
Discípulo de Domènech i Montaner foi o último representante do modernismo e o primeiro do Noucentisme (Novecentismo).
Na súa evolución poden distinguirse tres etapas diferenciadas:
- A primeira, ou época rosa (Modernismo), recolle como símbolo a casa "patrucial" aristocrática catalana e busca a súa inspiración en modelos nórdicos. A esta etapa pertence a Casa de les Punxes (1905), a casa Amatller e a Casa Martí (1896).
- A segunda etapa é a época branca (Racionalismo), que corresponde aos gustos da nova elite burguesa, práctica e ordeada. Aquí pertencen a Casa Trinxet, a Casa Muntades e a Casa Company.
- A terceira é a época amarela (Monumentalismo). Desenvóvese durante o período da Exposición Universal de 1929 en Barcelona, da que vai ser o primeiro arquitecto. Esta é caracterízase polo monumentalism, a cor amarela nas fachadas e máis pola imitación da arquitectura romana que se mestura con o tipismo valenciano e andaluz. Tamén proxectará a Casa Pich inspirándose no arquitecto americano Louis Sullivan.
En 1917 foi nomeado presidente da Mancomunidade de Cataluña (Mancomunitat de Catalunya) en substitución do finado Enric Prat de la Riba, creando durante o seu mandato escolas e institucións culturaiss, favorecendo a mellora das infraestructuras e a explotación agraria de Cataluña. Ocupou o cargo até que o xeneral Primo de Rivera, durante a dictadura militar, disolveu a Mancomunitat (20 de marzo de 1925) e temtou desfacer a obra realizada.
Ademais das actividades descritas, tamén desenvolveu un enorme traballo como historiador da arte, especialmente de artr románica, sobre a cal escrebería unha obra fundamental: L'arquitectura romànica a Catalunya e máis numeroso outros títulos.
Foi membro da Real Academia Catalana de Belas Artes de Sant Jordi e en 1942 foi nomeado presidente do Institut d'Estudis Catalans, o equivalente catalán das academias lingüísticas, presidencia que ocupou até a súa morte en 1956.
[editar] Principais obras
- Casa Macaya (Barcelona)
- Casa Amatller (Barcelona, Paseo de Gracia, 41) (1898 - 1900)
- Casa Company (Barcelona)
- Casa Trinxet (Barcelona; c/Còrcega, 268 – desaparecida)
- Casa Serra (Barcelona)
- Casa Llorach (Barcelona R/ Muntaner, - desaparecida)
- Casa Martí (Barcelona; R/Montsió, 3 bis – aquí se acha o local Els Quatre Gats)
- Casa Muley-Afid (Barcelona)
- Casa Muntades (Barcelona)
- Casa de les Punxes/Casa Terrades (Barcelona; Avenida Diagonal, 416–420) (1903–1905)
- Casa Sastre Marquès (Barcelona)
- Fábrica Casaramona (Barcelona)
- Pazo do Barón de Quadras (Barcelona; Avenida Diagonal, 373 e R/Rosselló, 279) (1904–1906)
- Torre Pastor de Cruïlles (Barcelona)
- Casa Garí (Argentona)
- Casa Puig i Cadafalch (Argentona)
- Casa Furriols (La Garriga)
- Casa do Concello (Mataró)
- Casa Coll i Regàs (Mataró)
- Casa Parera (Mataró)
- Casa Sisternes (Mataró)
- El Rengle (Mataró)
- La Beneficiència (Mataró)
- Caves Codorniu (Sant Sadurní d'Anoia)
- "La telegrafia" (El Prat de Llobregat)
- Igrexa de Santo Estevo de Andorra la Vella (Andorra la Vella), restauración
[editar] Recoñecementos
Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en catalán.